Sempre me gustou mirar ó ceo. Sexa de noite, escura, cuberto, con lúa chea, con estrelas visibles, ou de día, con nubes claras ou escuras, chuvia, luz entre masas de nubes, rechamantes amenceres e tenros atardeceres, con arco da vella ou ceo totalmente despexado. De calquera xeito.
E lembro a primeira vez que vin un tren de satélites de Starlink, e quedei apampado… de feito, ata fixen un pequeno texto, “Ceo con tren de estrelas móbiles” o chamei. Aínda anda pola rede e en papel.
Toca explicar agora que é iso do tren de satélites e o por que do título.
Starlink é unha empresa do multimillonario Elon Musk que está a usar lanzadeiras con cargas de varias decenas de satélites cada un. Ó seren lanzadas, encarrílanse todos os dun lanzamento a unha mesma órbita con separacións aparentemente pequenas entre eles, vistos dende terra (separacións de quilómetros na realidade) e van un tras outro, á maneira dos vagóns dun tren. Se ver un satélite artificial aínda hoxe non deixa de sorprender, ver un tren destes non deixa de ser unha sorpresa maior e unha anomalía no ceo.
Hoxe mesmo consultei unha estatística: hai máis de 14 000 satélites activos (mandados arriba pola humanidade) circulando polo noso ceo. A gran maioría en órbita baixa, a poucos centos de km, doados de ver chiscando a luz do Sol pouco antes de amencer e pouco despois de anoitecer. Iso significa que de media, por cada 40 km2 (é dicir, unha extensión semellante á do concello da Coruña, ou dous quintos a do concello de Ribadeo) temos un satélite sobre as nosas testas. Pouco, verdade? Ó fin, é algo máis de 6 km x 6 km. Pouco. Iso parece sen non nos paramos a pensar no seu significado. A confusión dunha estrela cun satélite, ou o literalmente facer case imposibles mapas celestes polos telescopios sen un repaso a fondo para eliminar as falsas estrelas, son cousas que poden parecer pequenas aínda que non o sexan para a Astronomía. Menos desprezables ó considerar que cada novo satélite (e están lanzándose a razón de ben máis de mil ó ano) soe dar varias voltas ó día, milleiros ó ano, o que fai cada vez máis probable os choques entre diferentes aparellos, incluídos os tripulados, coas consecuencias imaxinables dun choque a varios quilómetros por segundo (centos de veces a velocidade dun coche). A máis, cada satélite, durante a súa vida útil ten abondas oportunidades de desprenderse de pequenos anacos que voan libres e que complican máis a ‘vida satelital’ dos restantes aparellos.
Non, o ceo ‘xa non é o que era’. Máis aínda cando ó anterior hai que engadirlle dous feitos: a súa privatización e o seu uso como colector de lixo. Para tentar contrarrestar o segundo hai algunha iniciativa, como as da ESA, a Axencia Espacial Europea, encamiñadas ben a poñer a punto satélites que recollan outros satélites, ben a desenvolver normas de lanzamento que garantan a súa localización e volta segura á Terra, por poñer dous exemplos. Pero así como hai cada vez máis medidas en contra desa ‘boa xestión do lixo espacial’, como son os satélites militares ou espía que pretenden pasar inadvertidos, o outro dos feitos citados antes, a privatización do espazo, do noso ceo, vai vento en popa. Sexan satélites de comunicación (a maioría) ou con outras dedicacións, cada vez hai máis satélites propiedade e xestionados por empresas privadas que unha vez máis, usan un recurso de todos para beneficiarse algúns facendo pagar a outros. Agora que estamos no tempo, semellantes a estrelas de Nadal de propiedade privada.
Por certo, algo así como o 0,60 % da poboación mundial é española, e o 0,035 %, galega. As porcentaxes correspondentes de satélites ‘nacionais’ por aí arriba son menores en ambos casos. Non fabricamos moitas refulxentes estrelas do Nadal, só nos quedamos co ceo cheo de lixo…



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



