Ameijide tamén denuncia o silencio de Pilar García Porto, que presidiu a xuntanza do Consello Provincial de Turismo, pero mantivo o silencio sobre “se coñecía os casos ou non”, nunha reunión á que non asistiu María del Carmen López Moreno (PSOE) nin os deputados do BNG
Lugo, 12 de decembro de 2025. O Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo pregunta directamente ao BNG se van a formar goberno na Deputación de Lugo cunha presunta encubridora de acoso sexual.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, esixe explicacións públicas e inmediatas por parte do BNG porque “na situación actual deben aclarar con urxencia se están dispostos a formar parte dun goberno provincial no que tamén forme parte unha presunta encubridora de casos de acoso sexual”.
Neste senso, Ameijide afirma que “non todo vale, e o BNG ten que aclarar se están do lado das vítimas ou do lado dos acusados por presunto acoso sexual e encubrimento”, ao que engadiron que “non valen declaracións de cara á galería nin silencios calculados, teñen que ser claros”.
O voceiro popular afirma que hai outra cuestión que os nacionalistas seguen sen responder: “o BNG permitirá que se consolide un novo goberno provincial con José Tomé exercendo como presidente na sombra, tras anunciar que pasará a ser deputado non adscrito”.
“A situación é inédita e de enorme gravidade política, polo que cómpre unha resposta clara por parte dos nacionalistas, non valen medias tintas”, sentenciou.
SITUACIÓN NA DEPUTACIÓN DE LUGO
Antonio Ameijide tamén pide explicacións ao PSOE dos motivos de non anunciar convocatoria algunha da reunión da xunta de goberno nin de celebrar a habitual rolda de prensa posterior. “Queda claro que o único interese é ocultar que presidiu José Tomé a reunión, un claro síntoma de que dende as filas socialistas queren que siga a ser o presidente na sombra coma deputado non adscrito”.
Previamente á celebración da xunta de goberno, tivo lugar unha nova convocatoria do Consello Provincial de Turismo, no que a opacidade volveu ser protagonista: non se permitiu o acceso á prensa nin aos medios gráficos.
A sesión estivo presidida pola deputada Pilar García Porto, unha das presuntas encubridoras dos supostos casos de acoso sexual, quen non ofreceu ningunha explicación sobre a situación. Destacaron as ausencias de María del Carmen López Moreno (PSOE) e de todos os deputados do BNG.
A situación interna do PSOE, tanto a nivel provincial como autonómico, continúa sen aclararse. A día de hoxe, ninguén dos implicados do PSOE deu explicacións sobre se coñecían ou non as denuncias, do mesmo xeito que “a carta enviada onte por Gómez Besteiro aos afiliados non resolve esta cuestión esencial. Unha carta non é dar a cara”.
Tampouco deu a cara a número 2 do PSdeG, Lara Méndez, que “seguindo o modelo de Besteiro, optou por non dar a cara e agochouse nun comunicado enviado aos medios de comunicación. “A gravidade da situación e das acusacións esixen explicacións claras, contundentes, aportando probas e dando a cara, non valen medias tintas”.
“Todos merecemos transparencia sobre o que está a acontecer na Deputación de Lugo. O silencio nunca é unha opción”, afirmou.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



