As actividades darán comezo este @fin e estenderanse durante todo el mes de decembro
Cariño, 3 de decembro, 2025. O Concello de Cariño presenta a súa programación especial para estas festas do Nadal, un calendario repleto de actividades dirixidas a todos os públicos e especialmente aos máis pequenos del municipio. Segundo explica la alcaldesa, Ana María López, “hemos diseñado unas fiestas variadas, participativas y llenas de propuestas para que cada vecina y vecino encuentre su lugar. Música, artesanía, cultura o tradición forman parte de una programación concebida para disfrutar en comunidad. Nuestro objetivo es ofrecer una propuesta atractiva, ilusionante y hecha a la medida de Cariño”.
As propostas comezarán esta mesma semana, con dúas citas xa consolidadas nestas datas como son o III Mercado de Artesanía e o Festival Benéfico de Aspromor, programados para o sábado 6 de decembro.
O III Mercado de Artesanía, organizado polos Trasgos do Ortegal coa colaboración do Concello, terá lugar no Comprado Municipal de 11:00 a 21:00 horas.
Contará con numerosos postos nos que artesáns da comarca mostrarán e poñerán á venda creacións únicas elaboradas a man.
De forma paralela, a Rondalla de Cariño celebrará o Festival Benéfico de Nadal a favor de Aspromor, tamén coa colaboración municipal. Será a partir das 18:30 horas na Casa da Cultura, con entradas a 5 euros.
A cita reunirá diversas agrupacións do Ortegal que amenizarán unha tarde solidaria conducida por María Garrote. Actuarán:
• Zoa Kids
• Banda de Gaitas do Ortegal
• Yarydance Samba de Medianoite
• Batería de Cariño
• Patinaxe Artística ANPA A Basteira
• AF San Xiao do Trebo
• Zoa O Peiral
• Coral Polifónica de Cariño
• Lorena Ruiz
• Coro de Espasante
• Rondalla de Cariño
Domingo 7 de decembro: aceso da iluminación e Cantos de Taberna
O domingo 7 de decembro será a quenda do aceso da iluminación de Nadal e da terceira edición dos Cantos de Taberna.
O aceso, organizado polo ANPA A Basteira, contará coa participación de diferentes asociacións do municipio, cada unha encargada de iluminar un punto emblemático de Cariño.
En total serán 16 localizacións, que se irán acendendo de forma progresiva desde as 18:15 horas, comezando polo PAI e Gran Sol, ata finalizar na Praza Roxa.
De 19:00 a 22:00 horas celebraranse os III Cantos de Taberna, organizados por Nordeste Callado. Distintos grupos poñerán a nota musical nos diversos establecementos hostaleiros. Actuarán: Non Cómbaro, Tocata X’ou, Os do 21, Rueiros, Espera que vou mexar, Brigantium, Festa de Remior, Robolaxe, Retranka, Alegría e Nordeste Callado. Ademais, haberá sorteos para o público e, a partir das 22:30 horas, unha foliada libre no Mercado Municipal.
Máis actividades durante decembro
• 20 de decembro: sesión de teatro en familia na Casa da Cultura.
• 21 de decembro: sesión de cinema infantil no mesmo espazo.
(Os detalles daranse a coñecer proximamente).
• 24 de decembro: visita de Papá Noel na Casa do Concello, onde atenderá ás nenas e nenos do municipio na véspera de Noiteboa.
• 27 de decembro: o Mago Teto presentará Galerock ’N’ Magic, un espectáculo que combina música en directo, humor, maxia e ilusionismo, pensado para o goce de toda a familia. Será na Casa da Cultura.
Festa de Fin de Ano
A programación do Nadal culminará o 31 de decembro coa tradicional Festa de Fin de Ano, que poñerá o broche final ás actividades no municipio.
Este ano, a cita contará coa presenza da disco móbil CDC, que amenizará a velada con música para todos os públicos na carpa da Praza Roxa.
Será unha noite pensada para gozar en compañía, dar a benvida ao novo ano e pechar ao grande as festas do Nadal en Cariño.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



