Cada centro recibe así unha subvención de 1250 euros para apoiar o seu funcionamento e dinámica educativa
Cervo, decembro do 2025. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés mantivo unha reunión de traballo cos directores dos tres centros educativos do municipio —CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos— co obxectivo de facerlles entrega dos cheques correspondentes ás axudas municipais que cada ano se destinan á comunidade educativa.
A rexedora explicou que estas achegas económicas constitúen un apoio estable e complementario ao que o Concello proporciona ao longo de todo o curso, tanto en materia de mantemento como na cobertura de distintas necesidades organizativas. Subliñou que o obxectivo destas axudas é favorecer o correcto funcionamento dos centros e contribuír ao desenvolvemento de proxectos e iniciativas que repercutan de forma directa na mellora do proceso educativo do alumnado.
Estas axudas que ascenden a 1250 euros por centro, contribúen a que cada entidade poida reforzar actividades formativas, complementarias ou extraescolares, ademais de sufragar pequenos gastos derivados da vida diaria dos centros.
Caramés lembrou que esta liña de apoio forma parte dun conxunto máis amplo de medidas que o Concello mantén activas en materia educativa, como as axudas ao transporte, ou as destinadas á compra de libros e material escolar, que buscan garantir a igualdade de oportunidades e facilitar a conciliación das familias.
A alcaldesa reiterou o compromiso do goberno local coa educación, destacando que “investir nos centros é investir no futuro da nosa mocidade e no desenvolvemento do municipio”.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



