Os traballos combinan seguridade, integración paisaxística e protección ambiental, especialmente relevante tendo en conta que ambas zonas se atopan en pleno espazo da Rede Natura
Barreiros, 2 de decembro de 2025. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, salientou esta mañá en Barreiros o traballo do Goberno de España na Mariña Lucense, “que avanza con paso firme a través dunha planificación seria, con investimentos e plena defensa do litoral fronte os efectos do cambio climático”. Pedro Blanco supervisou as obras de mellora na praia de Altar e avanzou novas actuacións no paseo de San Bartolo, acompañado pola alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; a segunda tenente de alcaldesa, Carmen Veiga, e o xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Carlos Gil.
O delegado subliñou o rigor técnico e a visión de futuro dos proxectos, “mostra do compromiso do Goberno con esta comarca”. Puxo en valor o “enorme valor turístico, económico, ecolóxico e cultural” da Mariña, así como as iniciativas que o Goberno está levando a cabo na súa costa, exemplificados esta mañá: “aquí investimos, aquí actuamos e aquí cumprimos”, subliñou Pedro Blanco.
Concretamente, no paseo da zona de San Bartolo, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Servizo Provincial de Costas en Lugo, redactou un proxecto para actuar debido aos desprendementos producidos. O obxectivo desta actuación é o de contribuír a unha protección medioambiental da costa e a loita contra o cambio climático.
Para poñer solución a estes problemas, o Ministerio ten previsto investir máis de 325.000 euros para levar a cabo un retranqueo que xere unha nova senda litoral que inclúa novos espazos verdes rexenerados, a construción de novos bancos en madeira próximos ao trazado que funcionarán como áreas de descanso e miradoiros, a mellora e reconstrución de toda a zona actual de bancos e mesas, a implantación dunha nova iluminación que garanta unha seguridade nocturna para os usuarios e a colocación de paneis informativos para destacar os valores ecolóxicos, paisaxísticos e culturais da contorna.
As actuacións do Ministerio encádranse dentro dos espazos protexidos por Rede Natura 2000, co que todos os traballos faranse acorde aos criterios de protección e sustentabilidade medio ambiental desta figura. O proxecto está en información pública ata o 6 de decembro.
Reparación do dique da praia de Altar
En paralelo, afondando no compromiso do Ministerio para a Transición Ecolóxica coa costa da Mariña, o Goberno destina 60.000 euros para a primeira fase de reconstrución dun tramo do dique que viña sufrindo desprendementos. Trátase dunha das zonas con maior risco para os usuarios da praia. A reconstrución do dique permitirá garantir unha maior protección aos usuarios do paseo e da praia e á súa vez ofrecer unha maior estabilidade ao bordo costeiro.
De novo, todas as actuacións contan cunha protección ambiental plena, co obxectivo da sustentabilidade da costa ao mesmo tempo que se acada a mellora das instalacións dunha das praias mariñás de maior afluencia de bañistas no verán.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



