Burela, 4 de decembro do 2025. O Pleno do Concello de Burela aprobou hoxe por unanimidade o traspaso da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) ao Servizo Galego de Saúde, un paso que será efectivo o 1 de xaneiro e que, segundo explicou a alcadesa de Burela, Carmela López, supón “un avance histórico na atención ás persoas con adiccións na Mariña”.
A alcaldesa celebrou o consenso político acadado e destacou que este traspaso “non nace da nada, senón de anos de insistencia dos concellos, da FEGAMP e das profesionais das unidades, que levan moito tempo traballando con recursos moi limitados e sostendo un servizo esencial para máis de 500 persoas usuarias”.
O Concello inicia a cesión do local, pero reclama a ubicación sanitaria
O acordo plenario inclúe tamén o inicio do expediente para a cesión de uso do inmoble municipal onde actualmente se presta o servizo, garantindo así continuidade plena durante o proceso de integración.
A alcaldesa explicou que, malia esta cesión provisional, o Concello defenderá que a UAD pase no futuro a un espazo sanitario: “O normal, e o que ocorre noutras comunidades, é que estes servizos estean integrados nos hospitais ou nos centros de saúde. É saúde mental, e debe tratarse como tal. As persoas usuarias deben poder recibir atención nun entorno sanitario normalizado, sen estigmas nin sinalamentos”.
O tenente de alcaldesa, Mario Pillado, quixo agradecer “o traballo, a implicación e a dignidade do persoal da UAD durante todo este tempo e en concreto nestes xa dous anos nos que xestionamos esta área”. Tamén destacou que este traspaso “vai supoñer unha mellora no servizo en canto a persoal e recursos. Precisamente agora que está vacante a praza de Médico, o feito de integrar o servizo na área de Saúde Mental do Sergas pode facilitar a cobertura desa praza”. Rematou afirmando que “en definitiva, é unha gran nova para todas as partes”.
A próxima prioridade: a Atención Temperá
López anunciou tamén que o Concello iniciará agora unha nova reivindicación colectiva: a integración da Atención Temperá no sistema público galego.
“Hoxe damos un paso moi importante coa UAD, pero mañá comezamos outra batalla: a integración da Atención Temperá no Sergas. Os menores e as súas familias necesitan estabilidade, equipos completos e tempos de espera asumibles. Esa será a nosa seguinte loita, e Burela estará na primeira liña, como fixo sempre”.
Finalmente, a rexedora destacou o traballo conxunto das institucións, explicando que “este avance é un logro da FEGAMP, dos concellos, das profesionais das UAD e tamén da Xunta, que finalmente atendeu unha demanda que levabamos anos reclamando. Cando as institucións traballan xuntas, gánase en servizos e en dignidade para a cidadanía.”























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



