O pleno deste xoves aprobará unha rebaixa deste imposto para a construción de nova vivenda e para a creación de proxectos industriais e empresariais que se instalen ou amplíen a súa actividade no parque empresarial de Cuíña
Cervo, 4 de decembro do 2025. O Concello de Cervo levará ao pleno deste xoves a aprobación dunha modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), destinada a facilitar que máis persoas poidan acceder á unha vivenda e a reforzar o apoio aos proxectos emprendedores e industriais que elixan o noso polígono para medrar.
A iniciativa contempla unha bonificación do 50% para as obras de nova construción destinadas a vivenda, xa sexan promovidas por particulares que van residir nelas ou por promotores que as poñan á venda. Trátase dunha medida que pretende facer máis accesible o proceso de creación de fogar, especialmente nun contexto no que asentarse con garantías segue a ser un desafío para moitas familias cervenses.
Ao mesmo tempo, a ordenanza incorpora bonificacións do 50% para actuacións no Polígono Industrial de Cuiña enfocadas á implantación, ampliación ou mellora de actividades económicas ou industriais, sempre que se promova a creación de emprego ou se contribúa a dinamizar a actividade económica local.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que esta modificación “busca estar ao lado das persoas que queren construír o seu proxecto de vida en Cervo, e tamén de quen decide emprender, innovar e xerar oportunidades no noso polígono”. Trátase así dunha aposta clara por un Cervo con máis posibilidades, máis futuro e máis estabilidade para quen quere vivir e traballar nel, afondou.
É evidente pois, con medidas como esta, o compromiso do Concello de Cervo co Polígono Industrial de Cuíña e co seu desenvolvemento. Mentres continuamos á espera de que a Deputación Provincial de Lugo reactive a execución do enlace directo do polígono coa N-642, unha infraestrutura esencial para o desenvolvemento económico do municipio e que permanece paralizada desde o ano 2007.
O goberno municipal reafirma así o seu compromiso con políticas que poñen ás persoas no centro, impulsando ferramentas, como esta bonificación que terá unha vixencia inicial de dous anos; e que facilitan o acceso á vivenda, fortalecen o tecido produtivo e contribúen a un Cervo máis activo e máis sostible social e economicamente





















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



