E puntualizan que unha mostra desta nefasta xestión económica “é o apartado de inversións xa que segue arrastrando case os mesmos proxectos que na pasada anualidade”
Mondoñedo, 4 de decembro de 2025. Os Socialistas de Mondoñedo rexeitaron na pasada sesión plenaria do mes de novembro os orzamentos do PP, xa que “son unhas contas irreais, continuistas e segue sen resolver moitos problemas que levamos padecendo dende fai anos, tanto nas parroquias como no casco histórico”. E puntualizan que unha mostra desta nefasta xestión económica “é o apartado de inversións xa que segue arrastrando case os mesmos proxectos que na pasada anualidade”.
O orzamento do 2026 ascende a un total de 4.024.77 euros, o ano pasado era de 3.903.185 euros, a diferenza é de 121.590 euros. É publico e notorio que o montante no que máis investimos é en gasto de persoal, “que supoñen un total de 2.602.939 euros”. “Hai que resaltar a partida destinada a gasto social que ascende a 1.155.986 euros”.
Máis polo miúdo constatamos que a partida de fomento de emprego é de 50.038 euros, o ano pasado era de case 51.000 euros. No que atinxe aos investimentos reais suman un total de 32.064 euros, “esta partida é raquítica, bastante frouxa e carente completamente de propostas e iniciativas”, advirten.
Dende o PSdeG explican outros dos gastos mais chamativos do Concello de Mondoñedo está destinado ás atencións protocolarias e publicidade e propaganda, “que suman un total de 53.600 euros, polo tanto aumenta con respecto ao ano pasado en 3.000 euros, (no 2025 era de 50.600). Hai que lembrar que en anos anteriores esta suma ascendía a 90.000 euros”.
Os socialistas de Mondoñedo avanzamos diversas propostas para mellorar as arcas municipais. “Temos que reforzar a plantilla municipal, xa que hai 10 postos vacantes, non podemos seguir subcontratando e duplicar os postos que xa están cubertos”. Por outra banda, “hai que reducir o gasto corrente, como por exemplo a través do aforro enerxético. O concello esta pagando máis de máis de 200.000 euros e as facturas de luz seguen subindo. Hai que buscar nichos de colaboración coas empresas instaladas no concello”.
“Outro asunto que nos parece importante, e que xa xa criticamos o ano pasado é o de pechar chiringuitos. Estamos pagando cada mes preto de 1.000 euros de alquiler a un particular por ter un negocio deportivo aberto, que non cumpre nin coas mais mínimas garantías de accesibilidade. E mentres a casa da Cultura segue pechada e sen visos de abrila e darlle utilidade, como o museo da imprenta, pechado desde que se inagurou. Temos que priorizar as inversións públicas e non pagar favores persoais”, insisten dende o PSdeG.
Tamén aludiron a constante peticións de asociacións e veciños de Mondoñedo que reclaman melloras nas súas parroquias, como os de Maariz, Vilamor, Viloalle, Santa María Maior ou Argomoso nas que demandan mellores accesos, rozas, ou sinalizacións. Por todo isto reclamamos “escoitar a todo o mundo e priorizar os poucos recursos cos que contamos, para tentar buscar solucións, tendendo pontes de dialogo con toda a veciñanza”. Por último demandaron “darlle unha volta ao convenio cos artesáns dos Muíños”, e lembraron o informe da EDAR que “é demoledor”, e no que se demanda ao Concello de Mondoñedo por parte da Administración Autonómica, “un plan de choque urxente para mellorar estas instalacións”.
Rogos e preguntas
Nesta mesma sesión plenaria tamén interpelamos ao Goberno do PP de Mondoñedo polas obras de mellora nos accesos, que se levan reclamando dende fai moito, ao carón do supermercado DIA, dende o Concello manifestan que non teñen ningunha competencia nesta contorna, “xa que é privado”.
Sobre o estado de execución do PEPRICH, avanzaron que están respondidas as alegacións, e que tamén se informou ao requirimento de infraestruturas que estaba pendente. Preguntado pola posible data de finalización deste proxecto, puntualizaron “que era moi difícil” avanzar un prazo.
Sobre a asesoramento ou colaboración está ofrecendo o Concello de Mondoñedo aos veciños afectados pola instalación dos parques eólicos BARO e VILAMALAFRONSER, que afecta á parroquia de Santa María Maior. “Os veciños están moi preocupados pola instalación destes parques na contorna, xa que a dia de hoxe tal e como constatamos seguen tendo moitos problemas pola escorrentias das augas. Por iso insistimos, que en colaboración ca veciñanza, revisen a implantación destes parques eólicos na parroquia sobre todo no que se refire á canalización das augas, e dende o Concello de Mondoñedo presenten as alegacións que estimen oportunas”.
Tamén nos interesamos por coñecer algunha previsión do Goberno Municipal para traer algunha proposta expositiva de Mauro Leivas a Mondoñedo, sinalaron que están abertos a solicitala.
Utilización do coche protección civil
E dende o PSdeG tamén preguntamos ao Goberno do PP pola utilización do coche protección de civil polo concelleiro de Servizos estando de baixo laboral. Xa que constatamos que seguiu facendo uso deste vehículo cando non se atopaba traballando. “Se non está exercendo as súas funcións, queremos saber con que finalidade se emprega este vehículo municipal?, preguntaron os socialistas. O concelleiro aludido respondeu nesta mesma sesión plenaria “que pode utilizar este vehículo (pagado con fondos municipais), estando de baixa igual, porque ten un seguro que o cubre”.
No apartado de rogos demandamos mellorar as instalacións da estación de autobuses, “ coa colocación de cámaras de seguridade, o peche de portas, ou calquera outra iniciativa que estimen convinte”. Solicitamos a retirada de vallas en tódolos puntos da localidade que non teñen ningunha utilidade, así como as vallas existentes no campo dos Paxariños.
E no Barrio de San Lázaro, o veciños, solicitan a intervención do Concello para a limpeza e mellora do río. Actualmente, a acumulación de vexetación representa un risco potencial de desbordamentos e inundacións, polo que consideran urxente acometer labores de mantemento e acondicionamento que garantan a seguridade e o benestar da veciñanza. E por último, que se mellore a sinalización da rúa Rocha de Velez, xa que non esta indicado en ningún sitio que a rúa esta cortada por obras.

























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



