Antonio Ameijide esixe a PSOE e BNG que expliquen aos lucenses cal é o goberno da Deputación de Lugo, “se van intentar formar goberno con Tomé e unha deputada que, presuntamente, o tapaba e se van a permitir que Tomé siga sendo un presidente na sombra”
Lugo, 11 de decembro de 2025. O PP da provincia de Lugo esixe ao BNG aclarar a súa postura en relación ao novo escenario político na provincia tras a dimisión de José Tomé ao fronte da presidencia da Deputación de Lugo pero mantendo a acta de deputado e a alcaldía de Monforte de Lemos tamén como non adscrito. “A realidade é que a persoa acusada de presunto acoso sexual continúa nas mesmas institucións e o BNG debe aclarar se está do lado das vítimas ou do lado dos acusados por presunto acoso sexual e se quere ou non a presuntos acosadores fóra das institucións”.
Os dirixentes do PP provincial pregúntanlle aos responsables do BNG “se lles serve esta nova situación rocambolesca”. E lembran que “é a súa responsabilidade tomar decisións” e agardan que explique “se vai apoiar cos seus votos a gobernos machistas”.
Nese sentido, preguntan se “vai estar nun goberno apoiado e dirixido na sombra pola persoa acusada de presunto acoso sexual e por outra deputada que, presuntamente, o estivo encubrindo”. E urxen a explicar se “van formar goberno nestas condicións”.
Os populares condenan o “exercicio de cinismo político” por parte de Tomé e o PSdeG: “en menos de 12 pasaron de negar as denuncias e ser desmentidos polos seus superiores de Ferraz” e “de non haber dimisións pola mañá e anunciar Tomé dimisión pola tarde”. Pero, “todo segue igual”, subliñan. Nese sentido, consideran que “Tomé debe abandonar as súas actas en ambas institucións”.
E engaden que “os socialistas, que se abandeiran do feminismo, aínda non explicaron que pasou, nin aclararon se tiñan ou non coñecemento das denuncias, nin cal é o contido das mesmas, nin cal vai ser a súa postura ao respecto nin que van facer ao fronte da Deputación de Lugo e do Concello de Monforte”.
CAL É A SITUACIÓN NA DEPUTACIÓN DE LUGO?
O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, esixe a PSOE e BNG que expliquen aos lucenses cal é o goberno da Deputación de Lugo nestes momentos. E “se van intentar formar goberno cunha persoa apartada por presunto acoso sexual e cunha das persoas que, presuntamente, taparon a Tomé e que, a día de hoxe, non deu explicación ningunha máis alá de negar todo”.
“Os lucenses merecemos saber quen vai dirixir a Deputación Provincial”, incide. E pregúntase “se o BNG vai permitir que Tomé siga sendo un presidente na sombra, se vai seguir dirixindo a institución provincial dende a sombra unha persoa acusada de presunto acoso sexual”.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



