O pasado mes de xuño o Pleno Municipal aprobaba, por ampla maioría, solicitar á Tesourería Xeral da Seguridade Social a cesión gratuíta deste inmoble, unha demanda, fronte á que o Executivo fai oídos xordos
Viveiro, 14 de decembro de 2025. O senador popular José Manuel Balseiro defenderá unha moción coa que busca que o Goberno de España desbloquee a cesión do antigo colexio Pedrosa Latas de Celeiro. A iniciativa que será obxecto de debate e votación na vindeira sesión da Comisión de Seguridade Social da Cámara alta, prevista para este luns, 15 de decembro, ás 15.30 horas, reclama o traspaso da titularidade deste inmoble a favor do Concello de Viveiro.
Os populares lembran que xa existe un acordo do Pleno Municipal deste municipio lucense que, en xuño de 2025 aprobou, por ampla maioría, solicitar a cesión deste inmoble que, na actualidade, está sen e uso en situación de deterioro, o que resulta especialmente incomprensible nunha localidade onde se precisan novosinmobles de uso público.
“Non é a primeira vez que se formaliza esta demanda” -explica Balseiro- “pero o Goberno de España, de PSOE e Sumar, apoiado polo BNG, preferiu ter estas instalacións pechadas e deteriorándose a autorizarunha cesión gratuíta a favor do concello.” O senador vai máis alá e incluso acusa ao Executivo que preside Pedro Sánchez de pretender “facer negocio coa venda deste vello colexio” pois lembra“saíu a subasta por máis de 400.000 euros, senéxito, probablemente polo mal estado do inmoble.”
Ao acordo municipal súmanse outros moitos como o alcanzado noano 2021 no Parlamento de Galicia, tamén a iniciativa do Grupo Popular,que logrou que se aprobase por unanimidade solicitar a cesión gratuíta desteben ao Concello. “Nin a Seguridade Social, nin os responsables dogoberno local, naquel momento, o bipartito entre PSOE e BNG, demostraron interese en cumprir este acordo.”
O antigo colexio “Antonio Pedrosa Latas” é hoxe propiedade daTesourería Xeral da Seguridade Social tras a cesión do solar onde se localizapor parte da Confraría de Pescadores e da Unión de Fabricantesde Conserva.Inaugurado en 1955, permaneceu en activo ata o ano 1998, candotoda a actividade lectiva pasou ao novo colexio. Desde aquel momento afalta de atención e mantemento do seu propietario –o Estado- especialmente estes últimos anos, levou a unha deterioración paulatina do inmoble.
GOBERNO E PSOE BOICOTEARON CALQUERA ACORDO
Balseiro tamén lembra que ao longo de todos estes anos diferentes proxectos centraron o seu interese neste vellocolexio, como o que prevía a súa rehabilitación para albergar a escolaoficial de idiomas (onde incluso, nun acordo inédito entre institucións a Xunta de Galicia estaba disposto a cofinanciar a súa rehabilitación) ou outros máis recentes que prevén destinalo, unha vez adaptado, para o tecidoasociativo local.
“Ningunha destas iniciativas prosperaron” -lamenta Balseiro- “debido ao bloqueo do Goberno de España e á falta de vontade do PSOE que, pese ás promesas, nunca materializou esta cesión incluso cando se trataba de negociar cun goberno da súa mesma cor política, que claramente agora bloquea calquera acordo”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



