Os deputados provinciais cren necesario “revisar as bases da convocatoria de axudas” porque esta forma de dirixir Cultura por parte do BNG provoca un elevado número de renuncias por parte das asociacións e perdas do dereito a cobro
Lugo, 4 de decembro de 2025. O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide esixe ao goberno provincial de PSOE e BNG “axilidade” á hora de convocar, tramitar e resolver as axudas a entidades culturais á vista da “tardanza” en resolver as subvencións de concorrencia competitiva: “dende a súa convocatoria para a anualidade 2025 á resolución pasaron máis de 8 meses”.
Ameijide advirte que “a forma de xestionar a área de Cultura por parte do BNG xera un elevado número de renuncias por parte das asociacións e perdas do dereito a cobro”. Polo tanto, os populares cren necesario “revisar as bases da convocatoria de axudas” para establecer uns requisitos que favorezan ás entidades como, por exemplo, contar cun prazo máis amplo para dispoñer dos fondos, fundamentais para desenvolver as súas actividades”.
O portavoz popular subliña que “este atraso é unha tendencia habitual do goberno provincial” e “provoca, ademais, que en moitas ocasións as entidades beneficiarias teñan que renunciar á axuda ao non poder cumprir prazos e compromisos”.
Resolvendo a finais de novembro e cun prazo de execución que remata a 31 de decembro, os colectivos só dispoñen de menos dun mes para xustificar as axudas. Isto supón que “moitas asociacións non poidan organizar determinadas actividades porque non dispoñen da certeza de contar con ese apoio económico ou teñen que adiantar o diñeiro”.
Ameijide reclama ao BNG e á deputada de Cultura “que traballe máis e se preocupe menos de intimidar funcionarios da súa área e de que instalacións visitan os deputados do PP”.
“Se queren apoiar ao tecido cultural da provincia, ese non é o camiño. Non se lles pode poñer condicionantes ás entidades que serven de dinamizadoras sociais, especialmente no rural. A Deputación de Lugo ten que ser motor da provincia e, caso de apoio ao tecido cultural, tamén”, conclúe.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



