Xove, 13 de decembro, 2025. O Grupo Municipal Socialista de Xove levará ao pleno ordinario do vindeiro luns unha batería de preguntas centradas en cuestións que afectan directamente ao día a día da veciñanza, como o estado da rede de abastecemento de auga, a posta en marcha do centro de día, a convocatoria de actos informativos sobre proxectos industriais e o mantemento de instalacións municipais.
Un dos asuntos centrais volverá ser a problemática da auga da traída, despois de que nas últimas semanas chegase ás vivendas en condicións moi deficientes. O PSdeG lembra que esta situación non é nova e que se repite desde hai anos cando se producen choivas con certa intensidade. Preguntarán ao alcalde cando teñen previsto impulsar a renovación integral da rede, cun investimento acorde ás necesidades reais do concello e que poña fin de maneira definitiva a unha problemática estrutural coñecida e diagnosticada.
Outra das cuestións fará referencia ao centro de día. Os socialistas lembran que foi o PSdeG quen impulsou a proposta para a súa posta en marcha e que, malia que o goberno local anunciou a súa apertura, seguen sen coñecer cando se fará efectiva. “Xa o preguntamos en varias ocasións e non obtivemos ningunha resposta concreta: non sabemos cando vai abrir nin en que condicións”, sinalan.
O grupo municipal tamén preguntará pola charla informativa celebrada recentemente sobre a ampliación do encoro de lodos de Alcoa. Os socialistas solicitarán aclaracións sobre quen promoveu a convocatoria e por que non se garantiu unha difusión aberta e accesible. Critican que a sesión non fose comunicada ao conxunto da veciñanza nin ás parroquias directamente afectadas. “Celebrar unha charla deste tipo nunha aldea concreta, como Morás, sen informar a parroquias próximas como Lago, Súmoas ou Portocelo, xerou malestar e queixas, especialmente entre veciños de Lago que non foron avisados”, explican. Ao seu xuízo, un asunto desta relevancia debería abordarse nun espazo adecuado e cunha convocatoria pública para todo o concello, en especial para as persoas que viven nas inmediacións do encoro.
A formación trasladará tamén ao pleno a situación dunha fonte pública municipal que presenta un evidente estado de abandono, con perdas de auga polo exterior e elementos deteriorados. “É unha chapuza impropia dun espazo público; non debería ser tan complexo manter unha fonte en condicións axeitadas para o seu uso”, sinalan.
Por último, os socialistas preguntarán polo estado da beirarrúa situada fronte ao edificio de COGAMI, futuro centro de día, que continúa nunha situación moi deficiente e dificulta o tránsito de peóns, carriños e persoas con mobilidade reducida, máis aínda tendo en conta que a beirarrúa do lado contrario permanece pechada polas obras da residencia.
Desde o PSdeG-PSOE de Xove conclúen que estas iniciativas responden ás preocupacións reais da veciñanza e evidencian unha vontade de mellorar o funcionamento do concello e os servizos públicos. “Seguiremos levando ao pleno todas aquelas cuestións que afectan directamente ao día a día da veciñanza e esixindo respostas e solucións concretas, porque Xove merece un goberno que asuma responsabilidades, escoite á cidadanía e actúe con feitos”, conclúen.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



