Viveiro, 23 de decembro, 2025. O PSOE de Viveiro denunciou que o anuncio realizado este martes en Viveiro polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirma “un feito moi grave”: que o municipio queda finalmente sen a Vía de Alta Capacidade (VAC).
Segundo sinala a formación socialista, o proxecto presentado non corresponde a unha VAC, senón a “unha simple variante de estrada” cun investimento duns 60 millóns de euros, moi afastado dos máis de 250 millóns que, segundo lembran, supuña a Vía de Alta Capacidade que a propia Xunta esixira durante anos ao Concello de Viveiro.
O partido lembra que foi o Goberno galego quen obrigou ao Concello a incluír no PXOM o trazado da VAC imposta, condicionando durante máis dunha década o desenvolvemento urbanístico do municipio. Tanto o executivo municipal socialista como o resto da Corporación aceptaran aquela imposición para poder avanzar no Plan Xeral.
Por este motivo, o PSOE considera “chamativo” que agora se presente como novidade unha solución que, ao seu xuízo, podería terse executado hai anos “se a Xunta tivese vontade política”. Engaden que non se fixo antes “non por falta de colaboración do Concello, senón porque non quixeron”.
Os socialistas subliñan que esta decisión supón “renunciar definitivamente” a unha Vía de Alta Capacidade, unha infraestrutura que —recordan— si teñen outras comarcas galegas. O novo proxecto, afirman, é “máis limitado e cun investimento claramente inferior”.
O PSOE de Viveiro tamén expresa a súa preocupación polo impacto que esta renuncia pode ter no PXOM, xa que durante anos se mantivo un trazado concreto para poder avanzar na súa tramitación. Cambiar agora o modelo de infraestrutura, indican, implica “volver a empezar de cero nalgúns aspectos”.
A formación critica que o goberno local acepte esta “rebaixa” sen realizar esixencias nin reivindicacións, e considera que conformarse cunha variante de 60 millóns de euros é “aceptar unha solución á baixa” e renunciar a unha infraestrutura estratéxica para o futuro de Viveiro e da Mariña.
O PSOE cualifica de “ofensivas” as declaracións da alcaldesa nas que agradeceu a “empatía” do presidente da Xunta. A formación lembra que, ao seu xuízo, durante máis de 15 anos os gobernos galegos “bloquearon proxectos e investimentos en Viveiro” por motivos políticos. Engaden que, se agora existe empatía, “chega tarde” e non compensa “anos de abandono”, especialmente cando o anuncio supón “renunciar á VAC e conformarse cunha variante”.
Finalmente, o PSOE de Viveiro afirma que non se opón a investimentos polo feito de selo, pero insiste en que a súa obriga é “dicirlle á veciñanza a verdade: o que se prometeu, o que agora se renuncia e as consecuencias para Viveiro”. Conclúen pedindo que “cada quen asuma a súa responsabilidade política” e que a cidadanía coñeza “o que se está facendo e o que se está deixando perder”.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



