Viveiro, 22 de decembro, 2025. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro lamenta que, segundo a programación de Nadal anunciada polo Concello, a Cabalgata de Reis deste ano vaia celebrarse exclusivamente no casco urbano, deixando fóra o percorrido tradicional por outros núcleos de poboación como Celeiro e Covas.
Durante os anteriores mandatos, a Cabalgata desenvolvíase cun itinerario deseñado para achegar esta celebración aos principais núcleos do municipio, con saída en Celeiro, paso por Covas e finalización en Viveiro. Este modelo permitía que moitos nenos e nenas vivisen este día tan especial no seu propio entorno, sen necesidade de desprazarse, e consolidárase como unha tradición moi valorada pola veciñanza.
O PSOE de Viveiro considera que esta decisión supón un paso atrás, especialmente tendo en conta que o custo da cabalgata non depende do percorrido, senón do número de carrozas, polo que reducir o itinerario non implicaría un aforro económico significativo. Ademais, o tempo que se podería gañar sería mínimo fronte ao valor social e simbólico de achegar a Cabalgata aos distintos barrios e parroquias.
O grupo socialista entende que só circunstancias excepcionais —como condicións meteorolóxicas adversas ou situacións extraordinarias— xustificarían un cambio deste tipo. Fóra diso, defende que a Cabalgata de Reis debería manter o seu percorrido habitual, con saída en Celeiro, paso por Covas e chegada a Viveiro, para garantir que todos os nenos e nenas poidan desfrutar dunha celebración que forma parte da memoria colectiva do municipio.
Desde o Grupo Municipal Socialista tamén trasladan o descontento que xa perciben entre a veciñanza, que non entende nin comparte esta decisión, e instan ao goberno municipal a reconsiderar o recorte do percorrido e apostar por unha programación de Nadal máis inclusiva e pensada para todo o concello.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



