Ortigueira, 11 de decembro, 2025. Ortigueira xa está preparada para vivir este sábado, 13 de decembro, a II Xornada Mariñeira da Pesca ao deporte.Pequen@s Mariñeir@s. A proba levarase a cabo na ría de Ortigueira, en horario de 10:30 a 15:00 h e englobará ás categorías: alevín feminino, alevín masculino, infantil feminino, infantil masculino, cadete femenino e cadete masculino.
Os obxectivos da proba son, entre outros, fomentar a cultura mariñeira; poñer en valor e impulsar o deporte autóctono galego do remo en banco fixo; promover hábitos de vida deportivos e saudables na infancia; aunar tradición Mariñeira , deporte , folklore , natureza e convivencia; preservar , dar a coñecer e difundir o patrimonio marítimo cultural; potenciar accións preventivas na infancia e favorecer a igualdade.
Na xornada participarán máis de 200 nenos/nenas remeiros e 42 equipos de batel. Así, entre os clubs participantes están o Club Remo Ares, o Club Remo Cabo de Cruz, o Club Remo A Cabana Ferrol, o Club Remo Celeiro e o Club Remo Mugardos.
A proba está organizada pola Confraría de Pescadores de Espasante (Ortigueira) e conta coa colaboración do Concello de Ortigueira, Xunta de Galicia, Unión Europea, Federación galega de Remo, Remo Revolución Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa, Club Remo Celeiro, Armadores Hermanos García Yáñez e Juan García Pesca.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



