Editáronse máis de 2000 exemplares que chegarán a todos os fogares cervenses
Cervo, 2 de decembro do 2025.- O Concello de Cervo vén de presentar o tradicional Calendario de Nadal, que un ano máis chegará a todos os fogares do municipio e que nesta ocasión está protagonizado mes a mes polas persoas usuarias do programa municipal de envellecemento activo Arruguiñas.
Editáronse máis de 2.000 exemplares, que se distribuirán nos próximos días en cada casa do municipio.
O calendario deste ano destaca polo seu deseño “moi noso, cheo de identidade, que reflicte o espírito do programa e o valor de manterse activos e vinculados á comunidade. Cada mes recolle imaxes das diferentes actividades que realizan as persoas participantes, amosando o seu entusiasmo e compromiso.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou durante a presentación, na que tamén participaron o edil Adrián Arias, e as concelleiras Mali Méndez e Pilar Armada, e ás persoas usuarias do programa, que “este calendario é un orgullo enorme para o Concello. Non é só unha publicación de Nadal, é un retrato vivo da forza, da alegría, da vitalidade e da creatividade dos nosos maiores”.
A rexedora engadiu que “Arruguiñas é un programa ao que lle temos un cariño especial porque naceu coa convicción de que as persoas maiores merecen ter espazos de participación, de aprendizaxe e de convivencia. Vai pola segunda edición e está a funcionar moi ben, consolidándose como unha aposta integral polo seu benestar físico, mental e social. Este calendario é tamén unha forma de agradecerlles o seu esforzo, a súa implicación e a súa disposición constante a probar cousas novas”, engadiu.
Ademais, tal e como expón a alcaldesa na carta que abre o calendario e coa que felicita o Nadal á veciñanza,“en Cervo cremos que cada persoa maior é un tesouro de sabedoría, experiencia e humanidade, e que merece o noso respecto, o noso apoio e todas as oportunidades para seguir participando activamente na vida social do concello. Arruguiñas é, sen dúbida, unha das nosas mellores formas de dicir ‘grazas’ a quen tanto fixo e segue facendo pola nosa comunidade.
O programa Arruguiñas ofrece talleres de memoria, actividades terapéuticas, obradoiros creativos, exercicio físico, lingua de signos, charlas, encontros sociais…, como novidade deste ano, un taller de inglés práctico e funcional para o día a día, que está a ter unha excelente acollida entre as persoas participantes.
Desde o Concello destacan que “este calendario é un símbolo do Nadal cervense e un recordo que permanecerá todo o ano nas nosas casas, lembrándonos que somos unha comunidade activa, unida e que pon ás persoas no centro”.
Neste tempo de Nadal, -engadiu a alcaldesa- desexámos así a toda a veciñanza unhas festas cheas de paz, saúde e alegría, e que o ano 2026 nos traia novos camiños para seguir medrando e compartindo.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



