Cervo, 2 de decembro, 2025. Esta fin de semana celebrouse no Barco de Valdeorras a cuarta tirada da Liga Galega e o Trofeo Federación, cita na que participaron os arqueiros do Club de Tiro con Arco Iadovi de San Cibrao: Santiago González Villares e Jorge Álvarez Amor.
Santiago González, ouro en arco desnudo senior
O sábado competiu Santiago González na modalidade de arco desnudo senior. A primeira metade da tirada estivo moi reñida, con apenas 8 puntos de vantaxe sobre o seu rival. Esa diferenza inicial resultou decisiva, xa que na segunda parte o arqueiro da AD Su A Agra chegou a superalo por un punto, pero González mantivo finalmente unha marxe de 7.
Con ese resultado coroouse campión do Trofeo Federación e, a falta dunha tirada, practicamente ten asegurado o título da Liga Galega. Actualmente supera ao seu perseguidor máis próximo, Enrique Busto Rodríguez do Barbanza, por 108 puntos, unha distancia imposible de recortar nunha única xornada.
Jorge Álvarez, ouro en composto veterán
O domingo foi a quenda de Jorge Álvarez Amor, que tamén acadou o primeiro posto na modalidade de composto veterán. Superou ao segundo clasificado por 10 puntos e mellorou o resultado do ano pasado, cando lograra o bronce.
Álvarez mostrou unha gran estabilidade durante toda a competición, mantendo o liderado sen presión e con apenas un punto de variación na súa puntuación. Con 565 puntos —a mesma marca que na tirada anterior— queda pendente da última cita para optar ao trofeo da Liga Galega. Actualmente o liderado está en mans de Reinaldo Daniel Motto Acosta, do Archers Team, con 564 puntos, pero cunha tirada máis realizada.
Apoio desde San Cibrao
Desde o Club Iadovi animan aos seus arqueiros a manter a forma e a concentración de cara á última tirada, que coincidirá co Campionato Galego.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).

