O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego destinou 174.000 euros a colaborar co Concello na restauración de cinco inmobles dende que se puxo e marcha a liña de axudas para ese fin
Trabada, 3 de decembro de 2025. A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas apoiou con 43.000 euros a rehabilitación dun novo inmoble de titularidade municipal en Trabada para dedicar a alugueiro accesible.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado das obras de acondicionamento da vivenda, a antiga escola de Valboa, situada no lugar das Cabanas.
Arias explicou que dende que se puxo en marcha esta liña de axudas no ano 2017, o Goberno galego destinou 174.100 euros a colaborar co Concello de Trabada na recuperación de cinco inmobles da súa propiedade situados nos núcleos da Igrexa (Sante); O Castro (Vidal); Vilapercide e Trabadela.
Estas actuacións, xunto coa executada este ano, deron lugar a cinco vivendas repartidas por diferentes parroquias para poñer á disposición da cidadanía en réxime de alugamento.
O delegado lembrou que as axudas poden acadar o 95% do investimento realizado polas entidades locais. No conxunto da provincia, ao abeiro da convocatoria deste ano concedéronse un total de 561.000 euros a sete concellos para xerar 13 residencias.
Arias lembrou que ofrecer facilidades de acceso á vivenda é unha competencia de todas as administracións. Resaltou que a Xunta está volcada en ampliar o parque público residencial da provincia, con novas promocións en marcha e liñas de colaboración cos concellos.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



