Vilalba, 30 de decembro, 2025. A Fundación María José Jove atendeu este ano un total de 184 mulleres a través do seu programa Madres, unha iniciativa dirixida a apoiar a mulleres con fillos e fillas ao seu cargo que se atopan en situación de alta vulnerabilidade social.
En 2025, o proxecto ampliou o seu alcance territorial e consolidouse como un recurso de referencia en Galicia, desenvolvéndose nas catro provincias. En Vilalba participaron 40 mulleres; en A Coruña, 82; en Pontevedra, 31; e en O Barco de Valdeorras (Ourense), outras 31.
No caso de Vilalba, o programa lévase a cabo na Casa da Cultura grazas á colaboración do Concello. As usuarias, derivadas polos servizos sociais municipais, reciben unha atención integral destinada a reducir o risco de desestruturación e mellorar o seu axuste sociofamiliar. Co apoio da Xunta de Galicia e da Fundación Iberdrola España, o obxectivo de Madres é mellorar a capacitación profesional e a empregabilidade das participantes, contribuír a cubrir as necesidades básicas das súas familias, reducir o risco de pobreza e promover o seu benestar persoal, social, familiar e laboral.
O programa inclúe sesións semanais de formación e obradoiros quincenais de conciliación dirixidos aos seus fillos e fillas. O equipo está formado por educadores sociais, profesionais especializados en mediación laboral, un psicólogo clínico e unha coordinadora. Madres ofrece asesoramento no acceso a recursos sociais e sanitarios; apoio no coidado de menores; mediación con entidades, empresas e particulares para xerar oportunidades laborais; formación orientada á inserción laboral; e coordinación cos profesionais educativos que acompañan aos menores.
Resultados e impacto
Ao longo deste ano, as participantes adquiriron novas ferramentas para desenvolverse con maior seguridade no seu contorno persoal, familiar e laboral. Ademais, a intervención favoreceu a creación dunha rede de apoio social que proporciona acompañamento emocional, soporte na crianza e espazos de confianza que reforzan a cohesión grupal.
Desde a súa posta en marcha en 2021, o programa Madres acompañou xa 534 mulleres e as súas familias, reforzando a súa autonomía, o seu benestar e a súa empregabilidade.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



