Burela, 27 de xaneiro de 2026. A Asociación Esperanza ten previsto celebrar un concerto benéfico con motivo do Día Mundial da Loita contra o Cancro. O concerto, que no presente ano chega á súa terceira edición, terá lugar o sábado 7 de febrero, a partires das oito da noite, na Casa da Cultura de Burela.
Durante o mesmo, actuarán os grupos musicais locais Toxo Guayaba e Blood Skeleton, así como alumnado de canto e danza da Escola de Inés Nécega de Foz. Pero o acto non se centrará exclusivamente na música. Realizarase un sorteo dun lote de peixe valorado en 250,00€ donado por ABSA, e ademáis entregarase unha doazón de 3.000,00€ ao proxecto Zebraglio 2020.
O proxecto Zebraglio 2020 é un proxecto de investigación, que se está a desenvolver no Hospital Lucus Augusti de Lugo (HULA), en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), sobre a aplicación de inmunoterapias e nanofármacos para tratar o glioblastoma, o tumor cerebral maligno máis frecuente, agresivo e mortal. En representación do proxecto, estarán no acto o mariñán Pedro Reimunde Figueira, neurocirurxián no Hula, e Pablo Cabezas Sainz, profesor da USC.
Toda a recadación do concerto, que será presentado por Pepe Capélan, presentador de programas na TVG e na Radio Galega, estará destinada a proxectos de investigación na loita contra o cancro. As entradas poderán mercarse nos establecementos asociados a ACIA Burela, en Cinza, na Confitería Méndez de O Valadouro ou contactando coa directiva de Esperanza. Tamén o mesmo día do evento na Casa da Cultura. O prezo da entrada é de cinco euros. Tamén se poñen á venda a cinco euros entradas da fila cero para aquelas personas que queiran facer un donativo.
Colaboran na celebración do evento, amáis do concello de Burela, ACIA Burela, ABSA, a Asociación da Hostalería de Burela e Logaidea Comunicación, colaboración que Esperanza agradece e recoñece.
A directiva de Esperanza indica que a finalidade do evento é dobre. Por un lado, téntase seguir afondando na sensibilización da cidadanía no compromiso de todos na loita contra o cancro; sensibilización cidadá que dende o colectivo ven que día a día vai en aumento. Por outro, dende Esperanza entenden que hai que axudar económicamente aos proxectos de investigación que se están levando a cabo, de aí este tipo de eventos para recadar fondos para logo trasladalos aos equipos investigadores.
A asociación está segura de que a resposta da veciñanza de Burela e da Mariña será dunha vez máis positiva, o que agradecen de antemán.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



