Ribadeo, 27 de xaneiro, 2026. O grupo municipal do BNG de Ribadeo vén de presentar unha moción para o seu debate no Pleno na que propón consignar 100.000 euros do Plan Deputación 2026 para obras de saneamento nas zonas rurais do concello. A iniciativa formúlase tendo en conta que no orzamento municipal de 2026 non se inclúe ningunha partida destinada a este tipo de actuacións. O BNG considera que esta achega permitiría retomar intervencións moi demandadas pola veciñanza do rural.
O voceiro do BNG, Pablo Vizoso, sinala que “o saneamento é unha das obras máis básicas e necesarias da zona rural, aínda que supón unha forte inversión que obriga a ir actuando pouco a pouco”. Lembra que, nos anteriores gobernos do BNG, existía unha planificación para executar saneamentos de maneira constante en diferentes puntos do municipio, reservando cada ano unha partida orzamentaria específica para estes proxectos.
Vizoso explica que, coa entrada do novo exercicio, comprobaron que o orzamento de 2026 non contempla fondos para estes labores, malia seguir sendo unha das principais demandas da veciñanza do rural, tanto da costa como do interior. Por iso, e coincidindo co reparto do Plan Deputación, consideran unha boa oportunidade propoñer que o goberno municipal destine unha cantidade inicial de 100.000 euros para reactivar actuacións de saneamento nas parroquias.
A moción será debatida no Pleno do martes 27 de xaneiro, e o BNG agarda contar co apoio de todos os grupos políticos. O voceiro admite que esta achega non resolverá o problema na súa totalidade, pero defende que “é un bo punto de partida” e insiste en que o saneamento “debe ser unha prioridade para o concello”.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



