Lugo, 31 de xaneiro de 2026. O secretario comarcal da FCM-CIG da comarca Lugo-A Mariña, Afonso Losada, manifestou o profundo pesar e a rabia da organización ante o falecemento de dous operarios de conservación de estradas na A-8 este pasado venres.
Desde a CIG trasladan o seu máis sentido dó, abatemento e pesar ás familias e aos compañeiros e compañeiras dos dous traballadores falecidos, e póñense ao seu enteiro dispor para o que precisen nestes momentos de desolación. Así mesmo, permanecen pendentes e preocupados pola evolución dos operarios feridos, aos que desexan unha pronta melloría.
A organización subliña que non se trata dunha fatalidade inevitable, senón da cruenta realidade dun sector que traballa en condicións de risco extremo. A CIG expresa a súa absoluta indignación polas condicións de traballo na conservación de estradas e considera intolerable que a clase traballadora teña que xogarse a vida a diario con tráfico aberto, a escasos metros de vehículos a gran velocidade, mentres as empresas e a administración miran para outro lado.
Desde a FCM-CIG lembran que os operarios da A-8 levan anos de loita reclamando o plus de perigosidade polas durísimas condicións que soportan, especialmente no alto do Fiouco. A organización denuncia a teimosía da empresa, que se negou reiteradamente a recoñecer este dereito, o que obrigou os traballadores e traballadoras a reclamar xudicialmente.
O Xulgado do Social de Lugo rexeitou a petición dos operarios de mantemento, a pesar de recoñecer ese plus ao persoal vixiante que, paradoxalmente, realiza a maior parte da xornada nos seus vehículos e sen unha exposición tan prolongada ao tráfico rodado.
A FCM-CIG leva anos demandando que se inclúa nos convenios da Construción un anexo específico que regule as especiais condicións das persoas traballadoras do sector, no que solicitan:
• Seguridade real e inmediata: non máis traballos en condicións de desprotección absoluta. As administracións deben asumir a súa responsabilidade subsidiaria ante a falta de medidas das concesionarias.
• Recoñecemento económico do risco: asignación inmediata de pluses de perigosidade en todas as contratas.
• Un marco normativo específico e urxente: que regule gardas, reténs e saídas en condicións extremas de temporal ou neve.
A organización lamenta que, mentres a CIG leva anos pelexando por estas cuestións en Lugo e en toda Galiza, a patronal e os sindicatos estatais teñan bloqueado sistematicamente calquera avance, negándose sequera a sentar a falar do tema. Para a CIG, a seguridade non se negocia: deféndese.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



