Ribadeo, 24 de xaneiro de 2026. O Ribadeo Indiano viaxará de novo a México neste 2026 co sorteo presencial dunha viaxe para dúas persoas con todos os gastos pagados. Será da man de Acisa.
Acisa, aproveitando a Feira Internacional de Turismo e que México é o país convidado deste 2026, anunciou que nesta nova edición do Ribadeo Indiano sortearase novamente unha viaxe para dúas persoas con todos os gastos pagados á Riviera Maya.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, comentou que “Acisa y Concello ya estamos trabajando en los preparativos de esta nueva edición del Ribadeo indiano, con muchas ganas e ilusión”.
Pérez Prada fixo un balance moi positivo do traballo realizado ao longo destes días en Madrid: “hemos mantenido muchos encuentros con representantes de asociaciones, de administraciones como la Xunta de Galicia, con la Cocahi y especialmente en esta última jornada, debemos destacar dos reuniones relevantes, con la entidad de Pueblos Gastronómicos de España con la que hemos querido poner en valor y promocionar a nuestros excelentes restaurantes y nuestra gastronomía así como con Miguel Martínez Massa, presidente de la Cámara de Comercio Hispano Japonesa, en un trabajo de internacionalización y promoción de Ribadeo en un, por cierto, segmento de población en auge, como es el turismo proveniente de Asia, así como de productos de empresas ribadenses, como pueden ser bombones, mariscos, etc..”.
O xerente de Acisa engadiu que “han sido tres días para promocionar Ribadeo como un destino turístico especial, diferente y acogedor, como un destino de calidad y excelencia en hospedajes, gastronomía, restauración y comercio, pero también en paisajes, historia y eventos. Ribadeo es tu próximo destino, seas de cerca o de lejos, porque todo el año tenemos algo que ofrecer, eventos de diversa índole, un legado cultural e histórico increíble y unos servicios inigualables. Aprovechamos también para poner en valor el turismo de cercanía, en especial el que nos mantiene vivos todo el año, ese turismo proveniente de Asturias. Y así se lo pudimos trasladar en un breve encuentro con el presidente del Principado, Adrián Barbón. Galicia y Castilla-León también forman parte de ese colectivo de visitantes de nuestra comunidad y de otras próximas, que también son de nuestro interés durante todo el año para seguir desestacionalizando el turismo en Ribadeo”.
E destacou: “desde Acisa estamos muy satisfechos con el trabajo hecho en esta edición de Fitur junto al Concello de Ribadeo, demostrando que la colaboración público privada y entre instituciones es clave para el éxito en la promoción de Ribadeo como destino turístico”.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



