Alfoz, 24 de xaneiro de 2026. O Pleno do Concello de Alfoz, celebrado o pasado 22 de xaneiro de 2026, aprobou por unanimidade o Plan de Medidas contra a Fraude do Concello de Alfoz, xunto coa correspondente Declaración Institucional contra o Fraude, dotando á administración local dun instrumento clave para reforzar a transparencia, a integridade e a correcta xestión dos fondos públicos.
A aprobación deste Plan permite ao Concello cumprir cos requisitos esixidos pola normativa europea e estatal para a xestión de fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, establecendo medidas específicas de prevención, detección, corrección e persecución da fraude, da corrupción e dos conflitos de intereses. O documento contempla, entre outras actuacións, a creación dunha Comisión Antifraude municipal e dunha canle interna de denuncias que garanta a confidencialidade e protección das persoas informantes.
Tal e como recolle o acordo plenario, tanto o Plan Antifraude como a Declaración Institucional serán publicados na sede electrónica municipal e no Portal de Transparencia, garantindo así o acceso permanente da veciñanza á información.
A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda, sinalou que “este Plan Antifraude reforza o compromiso do Concello cunha xestión pública honesta, rigorosa e responsable, fundamental para xerar confianza na veciñanza e asegurar que os recursos públicos se destinan ao interese xeral”.
Con esta aprobación, o Concello de Alfoz dá un paso máis na consolidación dunha administración moderna e transparente.





















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



