As organizacións convocantes, entre elas Agromuralla, Gandeiros Galegos da Suprema e Fegaporc, esixen un “veto político” para evitar a sinatura do acordo, previsto para finais desta semana
Lugo, 12 de xaneiro 2026. Centos de produtores, convocados polas asociacións Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema e acompañados duns 50 tractores, manifestáronse este luns en Lugo para rexeitar a sinatura do acordo comercial entre a Unión Europea e os países do Mercosur, un tratado que tería, din, “un grave impacto directo sobre o sector primario, o rural e o modelo produtivo do noso país”.
A protesta, que saíu de diante do edificio da Xunta de Galicia na Ronda da Muralla e rematou diante da Subdelegación do Goberno, no centro da cidade, coincidiu con outros actos semellantes desenvolvidos en Galicia en lugares como A Coruña ou Ourense, así como en distintos puntos da xeografía española e europea.
Fronte ás dúas Administracións, os convocantes leron senllos manifestos dirixidos tanto á Xunta de Galicia como ao Goberno central asegurando que “a ratificación deste acordo tería consecuencias irreversibles: destrución de explotacións familiares e perda de postos de traballo directos e indirectos; despoboamento acelerado do rural, afectando á cohesión territorial e social; dependencia alimentaria exterior, reducindo a capacidade do país para decidir que produce e que consome; entrada de produtos con estándares non equivalentes, comprometendo a seguridade alimentaria e a confianza dos consumidores; desvalorización do traballo agrogandeiro, ao obrigar a competir con prezos que ningún modelo europeo pode igualar sen perder calidade ou sustentabilidade”, enumeran.
Veto político
Ante esta situación, consideran que “o silencio institucional é a día de hoxe unha das maiores fontes de preocupación e incerteza. As administracións teñen o deber de protexer un pilar estratéxico da economía, do territorio e da sociedade. Que medidas se prevén para evitar esta competencia desleal?”, preguntaron os manifestantes congregados en Lugo.
Logo de facer unha defensa explícita da soberanía alimentaria, no manifesto entregado tanto na Xunta como na Subdelegación do Goberno e asinado tamén por outras organizacións como a Federación Galega de Porcino, os produtores piden “un veto político ao acordo mentres non se garantan condicións equitativas e xustas”.
“Decimos non ao tratado UE-Mercosur nas condicións actuais e pedimos a aplicación do principio de reciprocidade, garantindo que ningún produto externo poida entrar no mercado europeo sen cumprir os mesmos estándares esixidos ás explotacións locais”, reiteraron.
Prexuizos para os consumidores
Ao final do percorrido, os produtores colocaron un stand informativo para explicar aos consumidores os efectos que a sinatura do acordo co Mercosur terá para a saúde e a seguridade alimentaria da poboación.
“O sector agrogandeiro leva anos soportando unha presión crecente: incremento de custos, esixencias legais cada vez máis complexas, redución de marxes e incerteza estrutural. A pesar diso, continúa garantindo alimentos de calidade, seguros, trazables e producidos baixo os estándares máis altos de calidade da UE”, argumentan.
“Este esforzo contrasta coa proposta de permitir a entrada masiva de produtos procedentes de países que non cumpren os mesmos requisitos ambientais, sanitarios, laborais nin de benestar animal. Isto supón unha competencia desleal que pon en risco a viabilidade das explotacións locais”, denuncian.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



