Barreiros, 7 de xaneiro de 2026. O Concello de Barreiros vén de asinar un convenio coa área de Rural da Deputación de Lugo, que dirixe Dani García, para financiar a creación da primeira fase da senda peonil e ciclable en San Cosme.
A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que se trata dun “proxecto ambicioso e moi demandado que garantirá a seguridade e contribuirá a conectar e crear relacións sociais entre dúas zonas próximas, mais con pouca interacción entre si”.
O proxecto, planteado en varias fases, recolle a conexión dos núcleos de poboación coa zona de praias, actuando nos marxes das estradas provinciais que conectan ambos puntos. Nesta primeira fase, que conta cun orzamento de 529.000 euros, conectarase o centro de San Cosme coa zona do campo de fútbol, desde onde é posible ir por unha vía secundaria cara as praias.
O proxecto inclúe a finalización da apertura dun viario proxectado na zona do Xuncal, así como a creación de zonas de aparcamento. Tamén se prevé a iluminación da senda con balizas solares.
A execución deste proxecto deixaría tamén conectada co centro de San Cosme a zona do pavillón e o futuro apeadeiro do tren que se prevé nesa mesma área. Deste xeito, explica a rexedora, “conéctase o centro da capitalidade municipal, onde recentemente tamén se renovou a parada de autobús e anteriormente se crearon novas zonas de ocio e esparexemento a carón do colexio, con zonas de moita actividade, como a do pavillón municipal ou a propia zona de praia. E realízase esta conexión dun xeito seguro, nunha vía que, especialmente na época de verán conta con moita afluencia tanto de tráfico como de persoas”.
O deputado de Rural e concelleiro en Barreiros, Dani García, manifestou a “satisfacción por contribuír desde a Deputación a mellorar os espazos públicos en Barreiros, aportando seguridade e facendo do noso concello un lugar máis amable para as persoas, con mellores servizos e contribuíndo ao dinamismo social”.
A idea do goberno municipal é continuar esta senda ata conectala coas beirarrúas existentes e tamén estender estas actuacións ao resto de parroquias costeiras. Nese sentido, avanzan, xa contan co proxecto para darlle continuidade a esta senda e para a que se executaría en San Miguel.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



