O delegado territorial de Lugo destacou o apoio da Xunta para consolidar este destino, que segue a incrementar tanto o número de viaxeiros como a duración das estadías
Madrid, 21 de xaneiro de 2026. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou hoxe o crecemento turístico que está a experimentar a Mariña lucense gracias a unha proposta “sostible, consciente, baseada no coidado do contorno e respectuosa coa identidade local”.
O delegado participou no acto de presentación da campaña “A Mariña, unha viaxe á identidade” celebrado no stand da Xunta na Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid, e destacou que este destino continúa a súa tendencia progresiva, incrementando tanto o número de viaxeiros como a duración das estadías. En concreto, no último ano recibiron a 184.719 viaxeiros (un 0,8% máis), que sumaron 373.825 pernoitas, un 4,6 % máis respecto ao exercicio anterior.
Arias destacou que o apoio da Xunta está a ser clave para esta expansión, a través de ferramentas como o Plan de Sustentabilidade Turística, ao que achega 1 millón de euros, ou o convenio coa Mancomunidade de Municipios para a xestión do xeodestino, que permite desenvolver iniciativas ao longo de todo o ano para desestacionalizar a oferta.
Así mesmo, lembrou as oportunidades que se abren neste territorio como referente do “turismo slow” e do turismo de natureza e de benestar, ligado á súa condición de refuxio climático, tendencias cada vez máis demandadas. “O traballo conxunto que desenvolvemos está a dar como resultado un crecemento sostido da demanda e unha presenza cada vez maior en mercados nacionais e internacionais, moi ligada tamén ao Camiño Norte de Santiago, que atrae a peregrinos de toda Europa”, afirmou.
Neste sentido, o delegado puxo de manifesto o labor transversal que realiza a Xunta para favorecer o desenvolvemento turístico da Mariña, mellorando as infraestruturas, con axudas ao sector de hostalería, aos concellos para impulsar os seus recursos ou a particulares para reducir elementos de impacto paisaxístico; co apoio ás manifestacións culturais e aos grandes festivais da comarca, “e, por suposto, promovendo a conservación do patrimonio natural e cultural, con actuacións en espazos como a praia das Catedrais e os templos de Mondoñedo ou San Martiño de Foz”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



