Burela, 29 de xaneiro, 2026. Lautaro El Daher (Buenos Aires, Arxentina, 16/11/1998) chegará esta noite a Burela para cubrir a baixa de João Silva no que resta de tempada. Xunto a Torero completará a parella de porteiros do conxunto laranxa.
O gardameta, de 27 anos, iniciou o seu camiño no fútbol sala con só 5 anos no Ferro Carril Oeste, club no que se formou ata os 17, cando fichou polo Club Social e Deportivo Pinocho. Posteriormente pasou por Barracas Central, Club Parque e Arsenal de Sarandí no seu país natal. O seu debut en España produciuse no CD Alcalá de Guadaíra FS, onde militou nas dúas últimas campañas.
Lautaro aposta pola historia e identidade do Burela FS: “Creo que calquera querería ser parte dunha institución tan grande e importante no futsal español como é o Burela. A nivel persoal, tiña moitas ganas de estar aquí e formar parte do equipo”.
Defínese como un porteiro competitivo e decidido: “Non me gusta falar moito de min, pero se teño que facelo diría que son un porteiro cunha actitude e mentalidade moi gañadora, boa lectura das situacións de xogo e capacidade para tomar decisións no momento adecuado. Teño un moi bo saque de mans e un remate potente”.
Sobre os seus obxectivos, é claro: “Quero achegar ao equipo o máximo posible desde o meu lugar, ter bos rendementos e facer unha adaptación en tempo récord, porque é necesario. Rematar o máis arriba posible e, por que non, loitar polos playoffs”.
Tamén enviou unha mensaxe á afección laranxa: “Este é só un mal momento e agora é cando máis fortes temos que estar. Estou convencido de que todos xuntos poderemos sacalo adiante. A nivel persoal, darei o meu 101% desde o primeiro momento que vista esta camiseta”.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


