Viveiro, 9 de xaneiro, 2026. O Bloque Nacionalista Galego celebrou en Viveiro un encontro aberto baixo o lema “Viveiro e A Mariña merecen máis”, no que denunciou o abandono histórico da comarca en materia de infraestruturas e reclamou compromisos reais tanto da Xunta de Galiza como do Goberno do Estado.
Na mesa participaron Seve Salgueiro, concelleiro do BNG en Viveiro; Iria Cotelo, portavoz municipal; Daniel Castro, deputado no Parlamento de Galiza; e Néstor Rego, deputado no Congreso.
Daniel Castro: “A VAC Costa Norte non pode quedar nunha estrada convencional”
O deputado Daniel Castro criticou que, tras máis de 25 anos de promesas incumpridas por parte dos gobernos do PP, a VAC Costa Norte continúe sen executarse. Afirmou que a proposta actual da Xunta “é inaceptábel”, ao reducir o proxecto a apenas 10 quilómetros dunha vía que “nin é de alta capacidade nin resolve os problemas de mobilidade e seguranza”.
Castro defendeu a necesidade dunha VAC continua, de altas prestacións, que contribúa a fixar poboación e a impulsar o desenvolvemento económico e social da Mariña.
Rego reclama avances reais na A-74: “É unha débeda histórica coa Mariña”
Pola súa parte, Néstor Rego lembrou as iniciativas impulsadas polo BNG no Congreso para avanzar na construción da Autovía A-74 Barreiros–San Cibrao, chamada a dar continuidade á A-8 ao longo de 33,5 km e a conectar directamente co porto de interese xeral de San Cibrao.
Rego pediu ao Goberno do Estado que “tome en serio dunha vez esta infraestrutura” e estableza un cronograma claro para que a autovía sexa unha realidade “no inicio da terceira década do século XXI”. Tamén lembrou que nin PP nin PSOE foron quen de executala.
Porto de San Cibrao: Autoridade Portuaria propia e apertura do dique norte
O deputado nacionalista reclamou a creación dunha Autoridade Portuaria propia en San Cibrao, segregada da de Ferrol, e a apertura ao tráfico comercial do dique norte de Morás. Segundo explicou, permitiría unha xestión máis eficiente, optimizar instalacións e garantir que os beneficios revertan directamente na comarca.
Rego destacou o potencial do porto, o de maior calado da Mariña, para dinamizar a economía nun momento de incerteza industrial.
Servizos ferroviarios de proximidade: un avance impulsado polo BNG
Como exemplo de avances logrados pola organización, Rego puxo en valor a implantación dos servizos ferroviarios de proximidade na Galiza, recollidos no Acordo de Investidura e incorporados á Lei de Mobilidade. A Mariña estará incluída a través da liña complementaria de ancho métrico, con máis frecuencias, máis liñas e horarios adaptados ás necesidades reais.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



