Viveiro, 30 de xaneiro, 2026. Representantes do BNG acompañaron na tarde do xoves ao peche simbólico e reivindicativo protagonizado polas familias e o profesorado do CEIP de Covas, en apoio ás súas demandas de melloras na atención educativa do centro.
Desde a formación nacionalista salientan que esta acción dá continuidade ás peticións dos Venres Negros para dotar ao centro de máis profesionais especializados, nun contexto no que o CEIP de Covas conta cun 22 % do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
A portavoz local do BNG en Viveiro, Iria Cotelo, e o deputado nacionalista Daniel Castro sumáronse unha vez máis ás reivindicacións das familias e do profesorado, xunto con outros membros do BNG, co obxectivo de instar á Consellería de Educación a achegar unha solución á máxima brevidade.
“É admirable a perseveranza e o tesón que están a demostrar as familias”, afirmou Cotelo. “Por riba das dificultades coas que se atopan no día a día, sacan forzas para loitar por dereitos que non deberían ter que reclamar”.
Pola súa banda, Daniel Castro asegurou que o BNG continuará ao carón das familias, lembrando que “non están a pedir nada que non sexa acorde ás necesidades reais do centro, non que a Xunta non poida cubrir”.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



