Lugo, 3 de xaneiro de 2026. O Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo reuniuse este sábado en sesión extraordinaria para abordar a proposta formulada pola Comisión Xestora do partido e ratificou a súa decisión de propoñer á deputada provincial María del Carmen López Moreno como candidata socialista á Presidencia da Deputación de Lugo.
Durante a sesión, o Comité Provincial ratificou a proposta por aclamación, de conformidade cos estatutos e cos procedementos internos establecidos polo partido.
O acordo adoptado será agora remitido á Comisión Nacional de listas, que emitirá informe e reenviará á Comisión Federal de Listas para a súa aprobación definitiva, de acordo coas normas internas de elaboración e validación de candidaturas do PSOE.
A proposta definitiva será tomada pola Comisión Executiva Federal e remitida ao PSdeG-PSOE de Lugo para a súa aplicación de cara ao pleno do vindeiro 14 de xaneiro de 2026.




















Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



