As subvencións cubrirán ata o 70% do investimento, cun máximo de 3.000 euros por solicitante, e poderán solicitarse entre o 16 de xaneiro e o 16 de febreiro
Viveiro, 12 de xaneiro de 2025. O Diario Oficial de Galicia publicou o 7 de xaneiro a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, así como a súa convocatoria para o ano 2026. Este programa ten como finalidade a corrección de impactos paisaxísticos en congruencia cos valores recollidos no Catálogo das Paisaxes de Galicia e cos obxectivos e criterios establecidos nas Directrices de Paisaxe de Galicia. Está xestionado polo Instituto de Estudos do Territorio.
Serán subvencionables as actuacións de restauración ou revestimento de elementos de fachada; o remate, renovación ou substitución do acabado exterior das cubertas; e a recuperación, restauración ou revestimento de muros de peche de terreos.
O importe da axuda poderá acadar o 70% do orzamento do investimento subvencionable, calculado en función do valor de mercado e aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio. O límite máximo será de 3.000 euros por solicitante e ben.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 16 de xaneiro e rematará o 16 de febreiro.
Para máis información ou para tramitar as solicitudes, os interesados poden acudir, con cita previa, á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, situada na Praza Maior, 1, ou contactar a través do teléfono 982 56 29 68.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



