O Vicedo, 16 de xaneiro de 2026. O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Vicedo vén de rexistrar unha moción que se debaterá no pleno do mércores 28 de xaneiro, coa que busca garantir unha transparencia real mediante a gravación e difusión das sesións plenarias.
A voceira socialista, Verónica Canoura, explica que a iniciativa responde a unha demanda crecente da veciñanza, que reclama poder seguir os plenos “porque non sempre poden acudir presencialmente por motivos laborais, familiares, de saúde ou por vivir noutras parroquias”.
Desde o PSdeG lembran que a proposta non pretende xerar confrontación, senón reforzar a relación entre o Concello e a cidadanía. “O único que pedimos é transparencia. Un Concello aberto, accesible e no que calquera persoa poida saber que se debate e que se decide”, sinalan.
A moción propón implantar un sistema sinxelo de gravación en vídeo e/ou audio e publicar as sesións completas nun prazo máximo de 72 horas nos medios oficiais do Concello. Tamén recolle que o proceso se realice cumprindo a normativa de protección de datos, centrando a gravación nas intervencións da Corporación e evitando enfocar ao público asistente.
Canoura lembra que se trata dunha medida “totalmente asumible”, xa implantada noutros concellos da Mariña e da provincia, e considera que o Vicedo “tamén debe avanzar nese camiño”.
O PSdeG do Vicedo afirma que continuará presentando propostas orientadas a mellorar o funcionamento democrático e a participación veciñal: “A veciñanza merece información clara, directa e accesible. E iso tamén é facer política útil”.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



