O xogador madrileño de 33 anos, con experiencia na Primeira División española, reforzará o ataque do conxunto laranxa para o resto do curso
Burela, 16 de xaneiro. Ángel Bingyoba Vuiti, Ángel Bingyoba (Madrid, 15/08/1992), cuarta fichaxe deste inverno do conxunto mariñano liderado por Juanma Marrube, que reforzará a rotación de Pitero, único pívot ata agora do equipo. A súa experiencia e forza serán dúas das facetas que complementarán ao resto da plantilla para loitar pola permanencia esta difícil tempada para o club. Bingyoba da os seus primeiros pasos no futsal na súa cidade natal, pasando polo Cidade de Móstoles FS na tempada 08/09, o Carnicer Torrejón de 2009 a 2013 e polo Segovia Futsal na 13/14. Ficha polo Gran Canaria na 14/15 onde militará ata a 16/17 que pasa formar parte do Jaén Paraíso Interior ata a 20/21 que ingresa no Atlético Mengíbar FS. No 2022 debuta na liga italiana fichando polo Sicurlube Regalbuto e volve a Jaén, esta vez co filial, na 24/25, xogando co primeiro equipo dende febreiro ata final de tempada. Durante o actual curso volve á liga italiana onde formou parte das filas do Futsal Capurso ata agora. No seu palmarés conta cunha Copa de España (2018) co Jaén Paraíso Interior e cun ascenso a Primeira División co Gran Canaria na tempada 15/16.
Ángel chegó a Burela onte, xoves 15, comezando o mesmo día os adestramentos co equipo e estrearase en pista este sábado na Tarde Laranxa en Vista Alegre ante o Leganés. Falamos co xogador sobre a súa entrada no equipo, “impulsoume a vir aquí a ambición que me transmitiron e o xogar nun club histórico do fútbol sala como Burela”. Defínese como “un pívot de referencia, forte, grande e con moita capacidade de loita”. Os seus obxectivos co equipo laranxa, “traballar traballar e traballar e que o traballo nos leve a onde nos merecemos sen poñernos ningún límite”. Finalmente dá unha mensaxe á afección: “xuntos faremos que Burla volva ao lugar que se merece”.
A presentación oficial tivo lugar onte no pavillón Vista Alegre xunto ao directivo do club Luis Guillén.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



