O investimento, de 39.719,84 euros, está financiado pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental
Cervo, 12 de xaneiro do 2026. O Concello de Cervo vén de executar un proxecto de renovación integral da iluminación pública na zona de Galdín co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética, aumentar a calidade da iluminación viaria e reducir o consumo eléctrico e a contaminación lumínica.
As actuacións consistiron principalmente na substitución de luminarias tradicionais por novas luminarias LED de baixo consumo, mantendo o deseño orixinal do alumeado e garantindo a compatibilidade cos báculos existentes. En total, renováronse 17 puntos de luz con luminarias LED de 30 W e instaláronse ademais dous novos puntos de luz nunha rúa anexa, aproveitando a preinstalación eléctrica realizada previamente polo Concello no marco das obras de urbanización integral que se levaron a cabo recentemente en toda esa contorna.
Grazas a esta intervención, a potencia total instalada pasou de 2.100 W a 730 W, o que supón un aforro enerxético do 65,23 %, mellorando ao mesmo tempo os niveis de luminosidade esixidos pola normativa vixente para este tipo de vías.
O proxecto inclúe tamén a implantación dun reloxo astronómico para o control do acendido e apagado do alumeado público, que adapta automaticamente o funcionamento ás horas reais de orto e ocaso ao longo do ano, optimizando aínda máis o consumo enerxético e reducindo as necesidades de mantemento.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou a actuación acompañada do concelleiro Adrián Arias, e destacou que “esta actuación en Galdín é un exemplo claro do compromiso do Concello coa eficiencia enerxética e coa sustentabilidade ambiental, ao tempo que melloramos a seguridade e a calidade de vida da veciñanza”. Así mesmo, subliñou que “o apoio da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental permítenos seguir modernizando as infraestruturas municipais e reducindo o consumo eléctrico e a contaminación lumínica”.
O investimento total da actuación ascende a 39.719,84 euros, financiados pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental, ao abeiro da orde do 23 de xaneiro de 2025, destinada a apoiar ás entidades locais na execución de proxectos sostibles e respectuosos co medio ambiente.
Desde o Concello de Cervo incídese en que esta actuación se enmarca na estratexia municipal de aposta pola sustentabilidade, a eficiencia enerxética e a mellora continua dos servizos e espazos públicos.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



