Os deputados provinciais valoraron, en rolda de prensa, a situación do ente provincial a dous días da reelección de novo Presidente e a distribución realizada por PSOE e BNG de case 16M€ en 94 convenios nas Xuntas de Goberno do 2025
Lugo, 12 de xaneiro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular ofreceron esta mañá unha rolda de prensa na que valoraron os 15.892.432,45€ repartidos a dedo por PSOE e BNG en 94 convenios dos que só 40.000€ (nun único convenio) foron para un concello gobernado polo PP (para cumprir coa tradición de instalar un Belén por parte dunha asociación); na que tamén apelaron a que “dende este mércores haxa un novo tempo na Deputación de Lugo, que deixe fóra condutas reprobables e se comece a tratar de forma igualitaria a todos os lucenses”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, lamentou que “o sectarismo” segue a ser a folla de ruta que rexe a Deputación de Lugo, cun PSOE e un BNG “unicamente preocupados por alimentar aos seus, dando as costas a máis da metade dos concellos da provincia”.
Neste senso, Antonio Ameijide afirmou que “senón hai un novo tempo desde este mércores, cun cambio real no goberno da Deputación; a alternativa será o pacto da vergoña xa que na sombra seguirá mandando o acusado, a persoa que seguirá dirixindo a Deputación na sombra, pasando as decisións de tomarse no despacho de presidencia, a tomarse nas mesas das cafeterías, o lugar no que supostamente se ofrecían postos de traballo en administracións públicas a cambio de outro tipo de favores para o presidente”.
O voceiro popular insistiu na necesidade de aire fresco e dun cambio no goberno da Deputación de Lugo porque “todo apunta a que o mércores pretenden reeditar un novo pacto PSOE-BNG, que será o pacto da vergoña, do machismo, dos presuntos acosos sexuais, da incoherencia, da falta de ética, da renuncia aos principios e que deixa manchados e inhabilitados aos 13 deputados que o sosteñan, e será o fin de Ana Pontón”.
OS BIPARTITOS SAEN MOI CAROS AOS LUCENSES
Antonio Ameijide explicou que os 15,8M€ destinados a convenios por PSOE e BNG demostran que “os bipartitos nos saen moi caros a todos os lucenses”, poñendo sobre a mesa que “estes pactos de perdedores”, tanto na Deputación como en varios concellos da provincia “o único que propician é o fomento das rivalidades internas que pagamos todos os lucenses, así como unha gran discriminación que sofren máis da metade dos concellos da provincia que non teñen acceso aos fondos provinciais vía convenio”.
O voceiro popular puxo como exemplo desta afirmación os concellos de Lugo, Taboada e Barreiros, todos eles dirixidos por bigobernos de PSOE e BNG, que son os tres concellos que máis fondos recibiron da Deputación a través de convenios.
Concello de Lugo: 2.136.118,59€
Concello de Barreiros: 1.609.823,45€
Concello de Taboada: 1.117.127,96€
Uns datos sobre os que Ameijide realizou dúas reflexións: “En primeiro lugar, paréceme chamativo que o Concello de Lugo, cun orzamento moi semellante á Deputación de Lugo, teña esa dependencia total do ente provincial, o que deixa en moi mal lugar a xestión de PSOE e BNG no concello tras 26 anos; e, en segundo lugar, a incoherencia de que concellos cun número de habitantes superior a Barreiros ou Taboada, como Ribadeo, Chantada, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Cospeito ou Friol non reciban nin un só euro vía convenio, o que evidencia o sectarismo de PSOE e BNG á fronte do goberno provincial”.
“PSOE e BNG, dende o goberno da Deputación non miran nin as necesidades reais, nin a poboación; o único criterio que lles preocupa é a afinidade política e persoal de quen goberne”,criticou.
O voceiro popular afirmou que “o uso e abuso da chequeira provincial para intereses internos e persoais dos cargos de PSOE e BNG é para tentar manter as súas alcaldías a golpe de chequeira, pero a realidade é que todos eses fondos destinados aos bipartitos non redundan en beneficios para os veciños, senón que se empregan nunha loita de egos entre os aspirantes ás alcaldías, deixando á marxe os intereses da provincia e dos veciños”.
Ameijide incidiu en que “o que necesitan a provincia e a Deputación é aire fresco. Se o PP chega á presidencia da Deputación estas desigualdades non se darían, co PP todos os alcaldes da provincia sempre terían as portas da Deputación abertas, do mesmo xeito que os fondos provinciais repartiríanse de forma igualitaria”.
BALANCE DA ÚLTIMA XUNTA GOBERNO
Antonio Ameijide tamén quixo valorar a última xunta de goberno da Deputación do ano 2025, celebrada o martes 30 de decembro, unha hora antes do pleno extraordinario no que se fixo efectiva a dimisión de José Tomé.
Unha xunta de goberno na que o goberno de PSOE e BNG aprobou máis de 1,6M€ (1.668.336,38€) a Concellos onde o BNG ten responsabilidade de goberno ou a proposta de áreas que son competencia do BNG no goberno provincial. “Unha proba máis de que o BNG fai o paripé de non acudir ás xuntas de goberno, pero negocia millóns de euros a porta pechada”, sinalou.
Antonio Ameijide afirmou que “mentres José Tomé fixo todo o posible para pasear en coche oficial ata o último minuto, Efrén Castro facía o paripé ante os medios de comunicación mentres pechaba os últimos acordos millonarios nos despachos”.
RESUMO DOS CONVENIOS ANO 2025
Durante o 2025, PSOE e BNG repartiron a porta pechada cada venres en xunta de goberno 15.892.432,45€, repartidos en 94 convenios:
12.079.020,31€ en 64 convenios con concellos gobernados polo PSOE
2.608.144,99€ en 19 convenios con concellos gobernados polo BNG
1.165.267,15€ en 10 convenios con concellos gobernados por independentes
40.000€ nun único convenio cun concello gobernado polo PP






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


