Viveiro, 12 de xaneiro, 2026. O IV Concurso de Composición de Marchas Procesionais Blas García Liz, impulsado polo Concello de Viveiro, a Banda de Música O Landro e a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, vén de pechar o prazo de presentación de obras cun balance histórico que confirma a plena consolidación do certame como unha das grandes referencias estatais da creación musical sacra.
O pasado venres 9 de xaneiro rematou o período de recepción de partituras, acadándose unha cifra récord absoluto en todas as edicións: 29 marchas procesionais presentadas por 19 compositoras e compositores procedentes de once provincias do Estado .Alacante, Cádiz, Castellón, Xaén, Madrid, Málaga, Murcia, Pontevedra, Sevilla, Toledo e Valencia. Uns datos que evidencian non só o alcance nacional do concurso, senón tamén o crecente prestixio artístico que vén adquirindo no ámbito da música procesional.
Este elevado nivel de participación reflicte a confianza dos creadores nun proxecto que aposta pola composición contemporánea de calidade, o rigor artístico e a conexión entre música, tradición e patrimonio. En apenas catro edicións, o Concurso Blas García Liz converteuse nun auténtico motor de creación de novas marchas procesionais, enriquecendo de maneira directa o patrimonio musical ligado á Semana Santa.
O xurado do certame integrado por profesionais de recoñecido prestixio no ámbito da composición, da interpretación e da dirección musical, David Rivas, Fernando Buide e David Fiuza, os cales iniciarán nos vindeiros días o proceso de valoración das obras presentadas. A marcha premiada será comunicada directamente ao autor ou autora por vía telefónica e correo electrónico, e farase pública a finais do mes de xaneiro de 2026 a través das canles oficiais e das redes sociais da organización e estrearase no Programa de difusión Cultural Adral pola Banda de música “O Landro” de Viveiro.
Desde a organización quíxose salientar especialmente o papel decisivo das tres entidades promotoras. O Concello de Viveiro, a Banda de Música O Landro e a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro manteñen unha colaboración estable que permitiu converter este concurso nunha iniciativa estratéxica para a proxección cultural da cidade. Grazas a este traballo conxunto, Viveiro non só acolle un dos certames máis relevantes do panorama estatal, senón que tamén se consolida como un foco activo de creación musical contemporánea vinculada á tradición procesional da cidade.
O concurso supón ademais unha achega directa ao patrimonio cultural inmaterial da Semana Santa de Viveiro, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, xerando un legado musical propio que perdurará no tempo e enriquecerá as celebracións futuras. Cada nova marcha que nace ao abeiro deste certame pasa a formar parte do acervo cultural da vila, reforzando a súa identidade e a súa proxección exterior.
A organización quixo finalmente trasladar o seu agradecemento a todos os compositores e compositoras participantes pola calidade das obras presentadas e pola confianza depositada, subliñando que este récord de participación constitúe o mellor indicador do éxito, da credibilidade e da consolidación nacional do Concurso de Composición de Marchas Procesionais Blas García Liz.

























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



