O porteiro de 25 anos provinte do LugoSala incórporase libre, sen cláusula, á disciplina burelista
Burela, 20 de xaneiro. Adrián García Blanco, Torero (Burgos, 28/12/2000) xa adestra co equipo masculino do Reyco Burela FS como novo porteiro, suplindo a marcha de Starna e incorporándose á plantilla libre, sen cláusula.
O gardameta burgalés provén do ADC Lugo Sala, equipo no que ingresou a principios desta tempada tras colaborar no ascenso a Segunda División do Vulcanizados Ruiz Tafa FS na pasada campaña. Deu os seus primeiros pasos no Amistad de Burgos ata a categoría xuvenil e posteriormente fichou polo Juventud del Círculo onde xogou dende a 18/19 á 21/22, que pasou ao AD San Juan FS durante dous cursos.
O porteiro únese ao plantel de Juanma Marrube con ilusión e moi motivado, “xogar en Segunda División é algo incrible e máis se é nun club histórico coma o Burela”. Defínese como un xogador “extrovertido, con carácter, bos reflexos e bo xogo de pés. Tamén son traballador e douno todo polo equipo”. Os seus obxectivos para esta tempada, “adaptarme o antes posible ao equipo, aportar todo o que poda e aprender día a día”. E finalmente unha mensaxe á afección: “que veñan a Vista Alegre animar cada fin de semana, entre todos conseguiremos grandes cousas”
A presentación oficial tivo lugar esta mañá no pavillón Vista Alegre xunto ao directivo Marcelino Luna.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


