Marta Rouco demanda respostas claras e compromisos concretos ante o estado de abandono dunha infraestrutura clave para a capital da Terra Chá
Vilalba, 21 de xaneiro de 2026. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, vén de solicitar formalmente unha reunión urxente coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia para abordar a situación da estación de autobuses e esixir solucións reais ante o avanzado estado de deterioro que presenta a infraestrutura.
A rexedora dá este paso tras máis de dous anos de reclamacións ao goberno autonómico e ante a falta de avances concretos, malia os anuncios realizados pola Xunta. Rouco lembra que en xullo de 2025 Mobilidade fixo pública a intención de crear unha nova parada de autobuses e estudar outros usos para a estación actual, pero “medio ano despois non existe ningunha información oficial, ningún calendario nin ningunha actuación visible”.
Segundo denuncia, a estación continúa “sen mantemento, sen baños, sen un espazo axeitado de espera e sen información sobre horarios ou rutas”, unha situación que cualifica de “indigna para un concello como Vilalba, capital da Terra Chá e nó estratéxico de comunicacións”.
Rouco insiste en que a reunión é imprescindible para obter “respostas claras e solucións reais”. Critica que a indefinición se prolongue mentres a estación segue degradándose e os usuarios continúan sen servizos básicos.
Desde o Concello deféndese unha solución inmediata centrada na recuperación dos servizos mínimos: manter operativas as dársenas, habilitar un espazo cuberto de espera, garantir baños públicos, instalar paneis informativos e acondicionar a contorna. “Iso é mellorar o transporte público, non pechar unha infraestrutura”, subliña.
A alcaldesa rexeita que Vilalba poida quedar reducida a unha simple parada e considera “inaceptable” que unha das principais portas de entrada ao municipio leve anos sen investimento nin coidado.
Rouco conclúe que a reunión coa Xunta é “necesaria e urxente” e asegura que o Concello seguirá reclamando unha resposta acorde coa importancia de Vilalba e cos dereitos da súa veciñanza.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



