Xove, 13 de xaneiro, 2026. O impresionante belén instalado, como cada Nadal, nunha nave lateral da igrexa de San Miguel da Rigueira, no concello de Xove, clausurouse este domingo tras varias semanas aberto ao público.
Foron numerosas as visitas recibidas durante estas datas. Veciños e veciñas de Xove, así como persoas doutros concellos próximos, achegáronse ata a Rigueira para contemplar este belén, montado cada ano con moito cariño, paciencia e dedicación por voluntarios e colaboradores da igrexa, de maneira totalmente desinteresada e para o desfrute da veciñanza.
O belén, que leva anos colocándose no interior do santuario, foi cambiando de localización co paso do tempo: nos primeiros anos situábase ao fondo da igrexa e, nos últimos Nadal, pasou a instalarse nunha nave lateral, o que permitiu unha mellor visualización e un maior aproveitamento do espazo.
A montaxe ocupou uns 40 metros cadrados e incluía figuras tradicionais que representaban personaxes da época e unha ampla variedade de oficios. Destacou polo seu realismo, con figuras en movemento, son ambiente de auga e paxaros e un sistema que permitía apreciar a transición entre o día e a noite mediante o escurecemento e posterior clareo das escenas.
Desde a organización agradeceron sinceramente a visita de todas as persoas e asociacións que se achegaron nestas datas tan especiais e que valoraron o traballo realizado. Tamén fixeron unha mención especial aos colaboradores voluntarios que sempre estiveron presentes e que xa non están entre nós.
Finalmente, os organizadores expresaron o seu desexo de poder mellorar e ampliar o belén no vindeiro Nadal, co obxectivo de seguir ofrecendo un espazo de encontro, tradición e ilusión para toda a comunidade.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



