O senador mariñán advirte que as respostas oficiais ás preguntas dos populares na Cámara Alta evidencian que “está exactamente igual que a deixou o Goberno do Partido Popular
A Mariña, 25 de febreiro de 2026. O senador mariñán José Manuel Balseiro advirte que “o Goberno de Sánchez e o PSOE pretenden facernos crer que fan algo na autovía da Mariña, a A-74, cando seguen sen facer nada”. Así, afirma que “a autovía da Mariña está exactamente igual que a deixou o Goberno do PP presidido por Rajoy no 2018”.
Así o expón ante as respostas do Executivo central ás preguntas formuladas polos senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro e Juan Serrano, ademais do propio José Manuel Balseiro- en relación á A-74. Unha delas para saber porque non comezaran as obras no 2024, tal e como prometera o PSOE durante a campaña electoral das xerais do 2023 nunha visita do secretario xeral do PSdeG, daquela candidato ao Congreso, acompañado por alcaldes e outros cargos socialistas da comarca. E outra para coñecer como se atopa a tramitación de cada tramo.
Balseiro explica que “en ambos casos limítanse a responder que o proxecto dos tramos O Carmen-Foz e Foz-Burela se atopan en redacción”. E sobre o subtramo Barreiros – O Carme informan de que se someteu a información pública no 2025 – xa se sometera no 2018 co Goberno do Partido Popular- e se están analizando as alegacións; polo que aínda está pendente a aprobación do proxecto de trazado e tamén a posterior redacción do proxecto construtivo. Do tramo Burela-San Ciprián (Cervo), nada.
Nese sentido, engade que “se o Partido Popular estivera no Goberno, probablemente poderiamos estar disfrutando desta demandada infraestrutura na comarca” como alternativa á N-642 que soporta unha elevada densidade de tráfico pola que o seu firme sofre as consecuencias.
O senador popular tamén advirte que “o PSOE non foi capaz de executar a partida de 4M€ que deixara orzamentada no 2018 o Goberno do Partido Popular”. Pero, “tampouco executou as cantidades programadas no Presuposto Xeral do Estado do 2018 para dirixir á autovía A-74 nas seguintes anualidades: 20M€ no ano 2019 e outros 40M€ no 2020”.
Balseiro conclúe que “o que lle debemos os mariñáns ao Goberno do señor Pedro Sánchez é 0” porque, “despois de 8 anos de Goberno socialista, 0 euros investidos, 0 metros construídos e 0 adxudicacións de obras nesta autovía”.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



