Destacou que “defender a Semana Santa de Viveiro é defender patrimonio, identidade e oportunidades para a comarca” e subliñou o papel das confrarías que fan posible co seu traballo que esta festa sexa “unha gran dinamizadora social”
Lugo, 28 de febreiro de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañou este sábado á Xunta de Confrarías de Viveiro na presentación do cartel da Semana Santa. Durante o acto, a mandataria provincial puxo en valor esta festividade relixiosa, declarada de Interese Turístico Internacional e á que a institución provincial achega este ano 30.000€..
Na Casa do Concello de Viveiro, Carmela López destacou o impacto real que xera esta cita en toda A Mariña e que é o exemplo de como a cooperación territorial multiplica resultados. Enmarcou nesa repercusión nos aloxamentos, restauración, comercio ou transporte o compromiso da Deputación, subliñando que “defender a Semana Santa de Viveiro é defender patrimonio, identidade e tamén oportunidades para a comarca”.
Puxo en valor durante a súa intervención o papel das confrarías, como custodias da tradición, da historia e do arte sacro e potenciadoras, co seu traballo dunha Semana Santa que proxecta o nome de toda a provincia, contribuíndo ao orgullo e á identidade compartido. Nese sentido, recalcou que “coa programación que tedes preparada volvemos ver que a Semana Santa é unha gran dinamizadora social”.
Entre a programación deste ano destaca o concerto que ofrecerá Carlos Núñez o 7 de marzo na igrexa de San Francisco; ou o pregón do xornalista Anxo Rodríguez, que lerá o pregón o 28 no Teatro Pastor Díaz. Ademais algúns dos pasos de mais interese artístico como o da Última Cea, creado en 1808; o do Encontro acompañado das tallas da Virxe da Dolorosa, de San Juan e da Verónica; o Vía Crucis; ou a procesión da Soidade, coñecida tamén como dos Caladiños procesionarán nas datas litúrxicas.





















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



