A Caridá, 14 de febreiro, 2026. O Concello de El Franco reforzará o servizo de taxi rural grazas ao apoio do Consorcio de Transportes do Principado de Asturias, entidade coa que xa mantén colaboración desde o ano 2005 para facilitar o transporte das persoas maiores do municipio. A partir de agora, será o propio Consorcio quen asuma directamente a xestión deste servizo.
A proposta de alcaldía titulada “determinaciones del acuerdo de integración del concejo de El Franco en el Consorcio de Transportes de Asturias” foi elevada ao pleno extraordinario celebrado o venres 13 de febreiro ás 21:00 horas na casa consistorial. O acordo saíu adiante por maioría, destacando o goberno local que o taxi rural para maiores é “un servizo moi valorado polos veciños e veciñas”. As persoas usuarias continúan a realizar a súa reserva a través da área de Servizos Sociais.
Segundo explicou a alcaldesa de El Franco, Cecilia Pérez, “la gestión por parte del Consorcio redundará en mejores condiciones económicas para los taxistas del concejo y también el Ayuntamiento gana en seguridad jurídica”.
Durante a sesión aprobouse tamén a moción do grupo municipal CEF‑IU‑MÁS ASTURIAS‑IAS en apoio ao Comité de Empresa e ao persoal afectado polo ERE presentado por ENCE, unha iniciativa que complementa a Declaración institucional emitida polo Concello hai dúas semanas.
Houbo igualmente consenso entre os tres grupos municipais para rexeitar o tratado da Unión Europea con Mercosur. O posicionamento formalizouse nunha Declaración institucional de apoio ao sector primario de El Franco e de Asturias, coa que se reclama “seguridade alimentaria” e que os produtos españois “compitan en igualdade de condicións”. A alcaldesa subliñou tamén a importancia de manter políticas agrarias que complementen rendas e de garantir negociacións económicas que non prexudiquen ao sector.
No marco deste pleno extraordinario quedaron fixadas as festas locais para o ano 2027:
• 29 de setembro, día de San Miguel, patrón de El Franco
• 9 de setembro, día seguinte á Romaría dos Remedios de Porcía




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



