Trabada, 2 de febreiro de 2026. O Concello de Trabada, en colaboración coa Asociación Cultural O Picato, organiza o Entroido de Trabada, unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo municipal, que terá lugar o sábado 28 de febreiro e que converterá novamente o centro da vila nun espazo de festa, participación e convivencia.
O Concello de Trabada asume nesta edición o papel de organizador principal dun evento que cada ano reúne a centos de persoas, tanto veciñanza do municipio como visitantes doutras localidades, consolidándose como unha cita imprescindible do Entroido na comarca.
A programación comezará ás 18:00 horas co tradicional desfile de disfraces, no que poderán participar carrozas, grupos, comparsas, charangas, parellas e participantes individuais. As inscricións poderán realizarse de xeito online ata o 26 de febreiro, a través do código QR do cartel, e a recollida de dorsais terá lugar o propio día do desfile entre as 16:00 e as 17:00 horas.
O Entroido contará cun amplo programa festivo que inclúe servizo de bar e comidas, unha gran verbena amenizada polo Grupo La Bamba e Cosme DJ, así como a entrega de premios a partir das 00:00 horas, cunha ampla variedade de categorías e importantes premios económicos.
Desde o Concello destacan que o Entroido de Trabada é “un dos eventos máis importantes do ano, non só polo seu carácter festivo, senón tamén polo que supón de dinamización social, cultural e económica para o municipio”.
O alcalde de Trabada, Rubén García, animou a toda a veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta celebración: “queremos que o Entroido de Trabada siga medrando e sendo unha festa de referencia, aberta a todo o mundo, onde prime a participación, a alegría e o espírito festivo que sempre caracterizou ao noso concello”.
Así mesmo, o Concello quixo poñer en valor o cartel anunciador desta edición, cuxo debuxo gañador é obra de Gael Díaz Fernández, agradecendo tamén a participación de todos os nenos e nenas que formaron parte do concurso de carteis do Entroido de Trabada 2026. “É unha satisfacción ver a creatividade, a ilusión e o talento da nosa infancia, que tamén forma parte activa desta festa”, sinalou o rexedor.
Desde o goberno municipal subliñan a importancia da colaboración coa Asociación Cultural O Picato, así como o compromiso do Concello por seguir impulsando eventos que fomenten a convivencia, a participación cidadá e a posta en valor das tradicións populares.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



