Ameijide ve “necesario” este Plan xa que os concellos da provincia, en moitos casos contan con limitados recursos económicos e técnicos, enfróntanse a importantes dificultades para asumir en solitario os custos derivados da reparación dos danos ocasionados pola meteoroloxía xa que “estivemos ante unhas semanas extremadamente duras”
Lugo, 19 de febreiro de 2026. Ante os estragos derivados dos diferentes temporais que sufriu a provincia nos últimos meses, os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no vindeiro pleno que a Deputación de Lugo elabore e poña en marcha un Plan Provincial Extraordinario de Emerxencia e Cooperación cos Concellos para a recuperación de infraestruturas municipais afectadas polos recentes temporais.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que “nos últimos meses todos os concellos da provincia sufriron as consecuencias dos diferentes temporais, polo que se fai preciso que a Deputación de Lugo colabora na recuperación das infraestruturas municipais afectadas”, algo para que o Grupo Provincial Popular pide que se habilite unha partida orzamentaria de polo menos 5M€, “que inclúa unha liña de axudas directas e urxentes para a reparación de infraestruturas danadas, a habilitación dun procedemento administrativo simplificado que garanta a axilidade na súa tramitación e a prestación de asistencia técnica provincial aos 67 concellos para a avaliación de danos e execución das actuacións necesarias”.
A realidade é que dende finais de decembro do pasado ano, a provincia de Lugo, ao igual que outras, vén sufrindo unha sucesión continuada de temporais caracterizados por fortes choivas, ventos intensos e episodios de inestabilidade meteorolóxica que tiveron un impacto significativo no territorio, fenómenos adversos que provocaron danos relevantes nas infraestruturas municipais, especialmente nas vías locais e camiños rurais.
Os concellos da provincia, en moitos casos con limitados recursos económicos e técnicos, enfróntanse a importantes dificultades para asumir en solitario os custos derivados da reparación dos danos ocasionados pola meteoroloxía. A conservación e mantemento das vías municipais resulta fundamental para garantir a seguridade viaria, evitar o illamento de núcleos rurais e asegurar a prestación de servizos públicos esenciais.
Cómpre recordar que a contía que destinará cada concello a través do ‘Programa de Investimentos’, no marco do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2026 ao arranxo, reparación e mellora de vías públicas municipais e doutras infraestruturas, resulta insuficiente, na maioría dos casos, para levar a cabo as obras de emerxencia necesarias para restaurar a seguridade e funcionalidade destas infraestruturas.
“É necesario que a Deputación impulse e aprobe un Plan Provincial Extraordinario de Emerxencia específico que contemple a disposición de achegas económicas directas para todos os concellos, distribuídas en base a criterios obxectivos, públicos e transparentes, co fin de garantir unha distribución xusta e proporcional dos recursos públicos”, sinalou Ameijide.
Neste senso, o voceiro popular pide “apoio” para impulsar este Plan e que teña un procedemento áxil e simplificado para a solicitude e xustificación das axudas, co obxectivo de garantir a rápida execución das actuacións necesarias.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



