Os deputados populares defenderon que a Deputación de Lugo acatase a sentenza “histórica” do Tribunal Supremo no transcurso dun pleno extraordinario no que estiveron algúns dos traballadores afectados
Lugo, 24 de febreiro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan que Carmela López perdera hoxe “unha oportunidade de ouro, para marcar distancias con José Tomé “xa que optou por manter as imposicións do presidente na sombra” ao negarse a apoiar a moción do Grupo Popular para “acatar a sentenza do Tribunal Supremo e reincorporar ao cadro de persoal da Deputación aos 16 traballadores que enviaron a Tragsa”.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, apelou “á responsabilidade” da presidenta da Deputación para que demostrase “coherencia e valentía”, desmarcándose das decisións adoptadas por José Tomé, unicamente en base ás liortas políticas dentro do PSOE, para “garantir o respecto á legalidade, á transparencia e os dereitos dos traballadores”.
Antonio Ameijide recorda que “defendemos no pleno o cumprimento íntegro da sentenza do Tribunal Supremo que declara ilegal a adquisición dunha acción de Tragsa por parte do goberno provincial do PSOE e do BNG, así como os posteriores acordos adoptados sen respectar as competencias do pleno”.
Antonio Ameijide recordou que xa no ano 2019 dende o Grupo Provincial Popular advertiuse da ilegalidade dunha decisión que supuxo o desmantelamento da empresa pública Suplusa e a expulsión de máis de vinte traballadores, dos que a día de hoxe 16 seguen en Tragsa cunha situación de absoluta incerteza. “O tempo deunos a razón. Sete anos despois, o Tribunal Supremo confirma que o que fixeron foi ilegal e que actuaron con prepotencia e desprezo á legalidade”, sinalou.
A sentenza do alto tribunal anula tanto o decreto de adquisición de accións como a encomenda de xestión posterior, ao considerar que se vulneraron competencias reservadas ao pleno provincial. “E o máis importante, esta resolución fixa xurisprudencia para todas as administracións locais de España, deixando claro o que non se debe facer na xestión pública”.
Antonio Amejide non quixo esquecer o traballo realizado polos anteriores grupos provinciais do PP, liderados por Elena Candia e Javier Castiñeira, “un traballo que rematou nesta sentenza histórica contra a Deputación de Lugo”.
A moción defendida polos deputados populares contemplaba:
– Dar cumprimento á Sentencia 65/2022, do 31 d e marzo, do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 d e Lugo, ratificada n a recente Sentenza 48/2026 d o Tribunal Supremo e, consecuentemente, dar por rematados de xeito inmediato os encargos vixentes realizados a Tragsa, concretamente, o encargo d e prestación do servicio de mantemento e conservación d e zonas verdes como consecuencia da súa nulidade radical.
– Asumir, dende a institución provincial, a xestión directa da prestación do servicio de mantemento e conservación de zonas verdes con medios propios, subrogando aos traballadores de Tragsa destinados ao servicio e afectados pola citada sentenza do Tribunal Supremo, de cara a integralos dentro d a Deputación Provincial de Lugo.
Ademais, Ameijide lamentou que “esta sentenza volve situar á Deputación de Lugo no foco nacional como exemplo de mala praxe política e de como non se deben facer as cousas”.
















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



