As persoas traballadoras alertan da ausencia física de xestión e o uso de métodos manuais perigosos para compensar a falta de mantemento básico
Mondoñedo, 6 de febreiro, 2026. Persoal e familiares da residencia de maiores de Mondoñedo, xestionada por Mensajeros de la Paz, denuncian unha situación de “desleixo absoluto” que, segundo afirman, pon en risco a seguridade física das persoas residentes e das traballadoras. A falta de mantemento e a ausencia dunha xestión eficaz terían convertido o centro nun espazo que non cumpre cos estándares mínimos de habitabilidade, alerta CCOO.
A situación máis grave afecta ás subministracións básicas: hai baños sen iluminación e cuartos sen auga quente, obrigando as persoas usuarias a vivir en condicións que consideran indignas.
Un dos ascensores principais permanece precintado tras un ano de filtracións de auga sen reparar. O peche produciuse ante o risco de electrocución, pero lonxe de resolver o problema, xerou un colapso organizativo no centro.
Para suplir a falta deste ascensor, residentes do segundo andar foron trasladados a unha zona do edificio pechada pola Xunta por non cumprir a normativa, o que provocou masificación e incumprimento das condicións autorizadas.
O persoal tamén denuncia un sobreesforzo físico extremo: a lavandería, situada no soto, quedou illada, polo que deben mover carros de roupa polas escaleiras. Ademais, o guindastre de bipedestación debe cargarse manualmente entre plantas, e cando non é posible, as mobilizacións realízanse sen asistencia técnica, incrementando o risco de lesións e caídas.
O único ascensor operativo presenta oxidación avanzada e unhas dimensións que impiden o uso de moitas cadeiras de rodas, limitando a mobilidade das persoas residentes.
As traballadoras atribúen esta situación á desidia da xerencia, que —aseguran— apenas aparece polo centro, e á falta de resposta da entidade xestora ante as advertencias de seguridade. Reclaman a intervención inmediata das autoridades competentes para garantir o cumprimento da lei de dependencia e os dereitos básicos das persoas maiores.



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



