Viveiro, 3 de febreiro, 2026. As intensas choivas asociadas á borrasca Joseph provocaron un novo desbordamento do río Landro, un episodio que se repite de maneira periódica en épocas de fortes precipitacións. Nesta ocasión, a rapidez coa que subiu o caudal sorprendeu especialmente na zona de Landrove.
Veciños e veciñas sinalan que a falta de limpeza do leito e o exceso de arboredo nas ribeiras puideron contribuír ao problema. Segundo explican, un tronco arrastrado pola corrente tería actuado como unha presa natural, agravando os efectos da riada.
Por este motivo, Por Viveiro solicita ao equipo de Goberno que realice as xestións necesarias ante Augas de Galicia para minimizar os riscos de novos desbordamentos do río Landro.
Fochancas no aparcadoiro da Avenida de Ferrol
O firme do aparcadoiro da Avenida de Ferrol, situado diante do edificio Ría de Viveiro, presenta un estado moi deteriorado, con numerosas fochancas que poden supoñer un risco para as persoas usuarias.
Por todo isto, Por Viveiro insta ao equipo de Goberno a levar a cabo as actuacións necesarias para reparar estas deficiencias e mellorar a seguridade do aparcadoiro.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



