Viveiro, 2 de febreiro, 2026. Baixo o lema “Namórate do Comercio Local Mercando Aquí”, o CCHV pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial que se desenvolverá do 2 ao 19 de febreiro.
As persoas interesadas en participar na “Ruta do Comercio con Amor” poden recoller o seu Pasaporte do Comercio en calquera dos negocios asociados. O documento inclúe 10 casillas que deberán completarse con selos de establecementos diferentes. Cada compra realizada entre o 2 e o 19 de febreiro nun negocio adherido permitirá estampar un selo, co obxectivo de reunir o maior número posible de comercios distintos.
O 19 de febreiro, entre as 17:00 e as 20:00 horas, instalarase unha carpa na Praza Maior, onde se colocarán dúas urnas para depositar os pasaportes:
• Urna 5 Selos, para aqueles que conten con 5 selos de establecementos diferentes.
• Urna 10 Selos, para quen complete as 10 casillas con selos distintos.
Premios
Entre os pasaportes con 5 selos, sortearanse 5 sesións de Bono Relax nun hotel de Viveiro. Cada premio inclúe:
• Circuíto termal de 90 minutos (50 min de baño termal mariño + 40 min na zona de contrastes, hamman e área relax).
• Masaxe Relax en parella de 50 minutos (multiesfoliante corporal de area negra e masaxe local).
Entre os pasaportes con 10 selos, sortearase unha experiencia nas Burbuxas de “Luzada Skylight Bubbles”. Haberá un único gañador, que desfrutará dunha noite para dúas persoas con jacuzzi exterior, almorzo e algunha sorpresa adicional.
Sorteo e comunicación de gañadores
O sorteo celebrarase o 19 de febreiro de 2026 ás 20:15 horas nas oficinas da Asociación. A Xunta Directiva do CCHV extraerá 5 gañadores da urna de 5 selos e 1 gañador da urna de 10 selos.
O proceso será gravado para garantir a transparencia e publicarase posteriormente nas redes sociais do CCHV.
Os gañadores serán contactados por teléfono nun prazo máximo de 48 horas. Se tras tres intentos non é posible establecer contacto, extraerase un novo pasaporte suplente.
Unha campaña para dinamizar o comercio local
O obxectivo desta iniciativa é promover as compras no comercio local durante o mes de febreiro, ofrecer un sorteo divertido e, de paso, axudar a quen precise un detalle especial nestas datas.
Durante estes días, as rúas de Viveiro estarán ambientadas con música romántica a través do fío musical instalado no centro da vila. O CCHV anima á cidadanía a participar, mercar en Viveiro, pasear polo centro e desfrutar da hostalaría local.
Porque en Viveiro, “Namorámonos do comercio local”: un comercio profesional, cun trato próximo e que dá vida á vila.
Esta campaña conta coa colaboración da Xunta de Galicia, dentro dos programas de dinamización dos centros comerciais abertos baixo a marca Comercio Galego.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



