Ribadeo, 3 de febreiro, 2026. O vindeiro sábado 7, o Bispo de Mondoñedo- Ferrol Fernando García Cadiñanos acudirá a Ribadeo para celebrar unha Misa ás 19 horas no Mosteiro de Santa Clara. A razón da devandita visita é o ano xubilar franciscano, decretado polo Papa León XIV en todo o mundo con ocasión dos 800 anos do tránsito ou falecemento de San Francisco, e que permite gañar o xubileu “visitando en forma de peregrinación calquera igrexa conventual franciscana, ou lugar de culto en calquera parte do mundo dedicado a San Francisco ou relacionado con el por calquera motivo”, ademais de “as condicións habituais (confesión sacramental, comuñón eucarística e oración segundo as intencións do Santo Padre)”.
As Clarisas considéranse parte da extensa orde Franciscana. A súa fundadora Santa Clara foi a gran compañeira que San Francisco de Asís, e a que fundou a principal rama feminina da Orde. Por iso, o Mosteiro de Santa Clara goza dos privilexios do ano xubilar.
O acontecemento é de gran relevancia, pois Ribadeo non tivo nunca na súa historia un templo onde se poida gañar o xubileu. A xente está afeita ir a Santiago nos chamados anos santos composteláns. Tamén a gañar o xubileu nas Catedrais cando é ano santo a nivel mundial.
Este ano ábrese unha oportunidade máis próxima, e que a recado será de interese de moitos visitantes ao longo do ano (o xubileu dura desde o pasado 10 de Xaneiro ao 10 de Xaneiro de 2027).
A celebración co Bispo irá precedida, ás 18 horas, dunha oportunidade que tampouco adoita producirse: as irmás clarisas manterán un coloquio con todos os que o desexen na reixa de la Iglesia do Mosteiro desde onde seguen os cultos.
Que é un xubileu?
A celebración do xubileu orixínase no xudaísmo. Consistía nunha conmemoración dun ano sabático que tiña un significado particular. Esta festa realizábase cada 50 anos. Durante o ano poñíanse aos escravos en liberdade, restituíanse as propiedades a quen as perdía, perdoábanse as débedas, as terras debían permanecer sen cultivar e descansábase. Representaba un berro de alegría. A Igrexa católica tomou como influencia o xubileu hebreo e deulle un sentido máis espiritual. Nese ano dáse un perdón xeral, indulxencias e faise un chamado a profundar a relación con Deus e co próximo. Por iso, cada Ano Santo é unha oportunidade para alimentar a fe e renovar o compromiso de ser un testemuño de Cristo. Tamén é unha invitación á conversión.
Na tradición católica, o Xubileu consiste en que durante 1 ano concédense indulxencias aos fieis que cumpren con certas disposicións eclesiais establecidas polo Vaticano. O primeiro ano xubilar foi convocado en 1300 polo Papa Bonifacio VIII. A nivel global adóitase convocar cada 25 anos, e en Santiago de Compostela sempre que a festa de Santigo o Mayo (25 de Julio) coincida en Domingo. Excepcionalmente, convócanse outros anos xubilares como este que permite agora a Ribadeo ter un templo xubilar, debido aos 800 anos da morte de San Francisco de Asís.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



